07.01.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

98

Belén Fortes

publicación de un Diccionario de la lengua gallega”, aparecido en

La Temporada en Mondariz o 18/9/1904 e reproducido despois na

prensa cubana), indicando que fora Fontenla Leal quen llo dera a

coñecer e deixando constancia de como este traballo os esporeara a

ambos (enténdese que a loitar por sacar adiante o organismo académico).

Na súa misiva, Curros tamén alude a unha carta do seu

interlocutor recibida dous días antes na que –deducimos– este lle

debía encomendar algunha xestión co Centro Galego da Habana.

Cómpre preguntarse, chegados a este punto, qué era o que

unía a Curros e Murguía deste xeito tan íntimo, á parte do feito de

profesar mutua admiración. A pouco que se analice, descubrirase

que, malia a diferencia de idade, os aspectos que ámbolos dous

teñen en común son múltiples e variados. Entre os de menor

importancia cómpre citar que un e outro teñen unha personalidade

forte e un carácter recto e íntegro, características ambas que os

levarán a verse a miúdo rodeados de polémica; que mantiñan unha

relación difícil ou imposible cos seus respectivos proxenitores; e

que os dous marchan sendo moi novos a Madrid, onde se inician

no periodismo. Coinciden así mesmo na súa admiración por

Eduardo Chao, protector de Murguía á súa chegada á capital, a

quen Curros biografaría en 1893, dous anos despois do artigo de

Murguía “La estatua de Chao” (La Patria Gallega n.º 12,

15/11/1891) 12 . Hai que citar, de igual xeito, no capítulo de coincidencias,

que no artigo “La Academia Gallega”, publicado por

Curros Enríquez en La Tierra Gallega n.º 3, 15/4/1894, atopamos

unha idea tipicamente murguiana 13 que viría apoia-la necesidade

de creación desta institución en Galicia: a de que “ningún pueblo

–e cita como exemplos a Irlanda e Hungría– alcanzó su renacimiento

político sin el renacimiento literario”. Así mesmo, nun

polémico artigo de Curros, publicado no periódico La Tierra

12. Murguía, a quen a amizade de Chao lle abrirá as portas de importantes periódicos

liberais madrileños, foi tamén amigo íntimo do irmán deste, Alejandro, e frecuentou o

seu domicilio madrileño, o cal lle permitiu acceder ós volumes da súa biblioteca, unha

das mellores da época segundo algúns autores.

13. Vid. entre outros o artigo de La Ilustración Gallega y Asturiana correspondente ó

30/7/1879, titulado “Desaparecerán los dialectos?”.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!