07.01.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

CURROS E MURGUÍA: UNHA RELACIÓN PERSOAL MARCADA

POLA ADMIRACIÓN E O APOIO MUTUOS

Belén Fortes

Investigadora

Cando Curros Enríquez vén ó mundo en Celanova o 15 de

setembro de 1851, Manuel Murguía, que acababa de trasladarse a

Madrid para estudiar Farmacia, contaba xa 17 anos de idade. Polo

tanto, tal e como o recolle J. L. Varela en Política y restauración cultural

de Galicia en el siglo XIX (Gredos, Madrid, 1958), ámbolos

dous pertencen a distintas xeracións: Murguía á segunda xeración

de escritores galegos e Curros á terceira. Pero esta diferencia de

idade non constituirá unha barreira que se interpoña entre eles e

acaso só virá a acentuar (no que atinxe á súa relación) a tendencia

natural en Murguía a adoptar un papel de Patriarca –é dicir, protector

e paternalista– cos escritores e demais membros da cultura

galega, promovéndoos en artigos e traballos nos que destaca os seus

méritos literarios, artísticos e intelectuais. Pola súa parte, o poeta

celanovés sentía un gran respecto e admiración polo autor dunha

obra de tanto calado como a Historia de Galicia, ademais de polo seu

firme empeño en redimir Galicia do seu atraso e marxinación.

Aínda que ignoramos cando ten lugar o primeiro encontro

entre ámbolos dous 1 , si abundan as probas da consideración recíproca

en que se teñen un ó outro, sendo así que Curros será obxecto

de atención –como escritor– por parte de Murguía, mentres este

vai aparecer citado en tres importantes textos poéticos de Curros,

nun dos cales se denuncia o trato que recibían artistas e escritores

galegos, consistente en seren metaforicamente devorados, mentres

nos outros dous se enxalza a súa categoría intelectual:

1. A súa relación probablemente se remonta ós anos 1880 e 1881, en que o celanovés

publica as súas primeiras colaboracións en La Ilustración Gallega y Asturiana, da que

Murguía era director literario. Así mesmo, na revista empézaselle a prestar atención en

1881, como o demostra a publicación de críticas ou recensións dos seus libros, asinadas

por Alfredo Vicenti e M. Barros, chegando incluso a aparecer un gravado de Curros

en portada no n.º 23, 18/8/81.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!