07.01.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

598 Ana Belén Fortes / Xosé Anxo García López

monasterio de Celanova” na publicación madrileña La

Ilustración Cantábrica n.º 23.

1883 É declarado cesante, segundo algúns estudiosos, na

Delegación de Facenda de Ourense, e regresa coa súa familia

a Madrid, onde permanecerá ata 1888. Este ano Curros

volve exerce-lo xornalismo no órgano republicano El

Porvenir (Madrid), onde tamén publica entre 1883 e 1886

en folletón traduccións de poetas portugueses (Teófilo

Braga, Guerra Junqueiro, Antero de Quental...), baixo o

título Lira lusitana, algunhas reproducidas en 1894 en El

Diario de la Familia, e posteriormente publicadas no tomo

V das súas Obras completas. O 28 de abril dese ano publica

o seu “Prólogo (a Lira lusitana)” en El Porvenir. Vilanova

Rodríguez e Carré Alvarellos sosteñen que, tras deixar este

periódico, Curros colaborará en El Progreso, xornal tamén

republicano. Melendo Abad e González-Besada citan

igualmente a participación de Curros neste periódico e

sosteñen que as poesías traducidas do portugués e aparecidas

en El Porvenir proxectaba publicalas en volume á

parte co título de La lira lusitana, proxecto que non chegaría

a ver realizado.

Waldo Álvarez Insua publica na Habana un libro

favorable sobre o primeiro poemario de Curros: Manuel

Curros Enríquez. Aires da miña terra. Juicio crítico por...

Antes de que acabe o ano, ve a luz a Corona fúnebre

a la memoria del llorado poeta gallego Andrés Muruais, 30

Noviembre 1851-21 Octubre 1882, (Pontevedra, Imp. de J.

Millán, 1883), na que Curros colabora coa composición

poética en castelán “A Andrés Muruais, muerto. Soneto”.

1884 Marcial Valladares publica o seu Diccionario gallego-castellano.

1885 O 15 de xullo deste ano falece Rosalía de Castro. A xuízo

dalgúns dos seus biógrafos, Curros escribe entón o poema

“A Rosalía”. Vilanova Rodríguez sostén que Curros asistiu ó

enterro de Rosalía en xullo de 1885 –remitíndose ás afirmacións

do seu médico de cabeceira, Manuel Carballido–,

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!