07.01.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Curros Enríquez: Cronobiografía 597

(n.º 11, 18/04/1881). Ademais, Curros publica o texto

“Teodosio Vesteiro Torres” (fragmento do ensaio biográfico

recollido na Corona fúnebre) en La Ilustración Gallega y

Asturiana (n.º 18, 28/06/1881, texto non recompilado nas

súas Obras completas). De acordo co exposto por Calveiro,

o seu estudio sobre Vesteiro Torres foi publicado primeiro

en El Parlamento (Madrid), e despois reproducido en

numerosos periódicos españois.

Sae do prelo a segunda edición, (se consideramos

que houbo unha e non dúas edicións en 1880 como sostén

Carlos Casares) aumentada, de Aires da miña terra (Madrid,

La Ilustración Gallega y Asturiana, 1881). Engádense respecto

da primeira seis poemas inéditos e o texto da excomuñón,

as defensas dos dous avogados, a primeira sentencia

condenatoria e o veredicto absolutorio da Audiencia da

Coruña.

O 8 de novembro aparece “El mirlo. Traducción

del portugués de Guerra Junqueiro” nas páxinas de La

Ilustración Gallega y Asturiana n.º 31. Segundo Carballo

Calero, este ano Curros publicaría tamén o poema “A

Carlos de Ulloa. En el Fausto” (reproducido posteriormente

en La Tierra Gallega, La Habana, n.º 58, 24/11/1895).

Neste ano está datado na escolma de Adelardo Curros,

como tamén o están os poemas titulados “El árbol maldito”

e “A Paz Novoa”.

1882 Consonte Melendo Abad e González-Besada, Carré Alvarellos

e Vilanova Rodríguez, a comezos de 1882 (para outros biógrafos

como Fernández Alonso, ó ano seguinte) comunícaselle

a súa cesantía nas oficinas de Facenda de Ourense,

ben a consecuencia das súas ideas republicanas, ben como

última sacudida do proceso pola publicación de Aires da

miña terra.

O 23 de abril (e tamén o 3 de xuño do ano seguinte)

publícase o poema de Curros “A la hermosa niña

Rosario Caneda y Fernández” no Diario de Lugo. Hoja

Literaria (lugar e data de composición: Ourense, xuño de

1878). O 18 de agosto aparece o traballo en prosa “El

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!