07.01.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

588 Ana Belén Fortes / Xosé Anxo García López

que aparecerá posteriormente en Aires da miña terra, entre

elas a dedicatoria a Lamas Carvajal.

O 2 de maio estrea (en opinión dalgún estudioso

gracias a Modesto Fernández González) El dos de mayo de

1808. Loa original y en verso, no Teatro de Novedades de

Madrid, loa dramática representada con extraordinario

éxito pola Compañía de Francisca Carbonell e Julio

Fuentes. Algunhas fontes testemuñan que, o día da estrea,

o exército liberal rompía o cerco de Bilbao, razón pola cal

nos periódicos pasaría desapercibida a representación desta

obra teatral.

Antes de que remate o ano, sairá dos talleres da

Imprenta de José Rodríguez de Madrid a versión escrita da

loa, asinada en colaboración con Leopoldo Vázquez, cuñado

do poeta. Na Biblioteca Nacional atópase un dos poucos

exemplares, quizais o único, que se conserva desta obra,

dedicada “Al Excmo. Sr. Director general, generales, jefes y

oficiales del Cuerpo de Artillería”. Na obra aprécianse

influencias de José Zorrilla e Manuel José Quintana, ademais

da inspiración na elexía heroica “Al dos de Mayo”, de

Bernardo López.

O 18 de xuño publica o poema “A nena na fonte”

en El Heraldo Gallego (n.º 25). O 3 de xullo reedita a oda “A

la Guerra Civil” (publicada por primeira vez en outubro do

ano anterior en El Correo de Galicia, Ourense) na sección

“Los Lunes” do xornal madrileño El Imparcial. Esta circunstancia

vai propicia-lo seu ingreso na redacción do

devandito periódico, onde de reporteiro de noticias pasará

a ser cronista de guerra.

Antes de que remate o ano verá a luz o soneto en

castelán titulado “A los vates gallegos, en la Corona fúnebre

de Méndez Núñez”, inserido na Corona poética dedicada a la

inmortal memoria del ilustre marino gallego D. Casto Méndez

Núñez, Ourense, Imp. de El Heraldo Gallego, 1874.

1875 Restauración da monarquía en España: proclamación de

Alfonso XII.

Publícase Espiñas, follas e froles de Lamas Carvajal.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!