07.01.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Curros Enríquez: Cronobiografía 583

cese de polisón nun mercante ancorado no porto que o leva

a Londres. En opinión de Melendo Abad e González-

Besada, Curros escribiría na capital londiniense os seus primeiros

versos; á marxe do referido, si é plausible que nesta

altura o escritor de Celanova estudiara as orixes das ordes

militares e concibira o proxecto de escribir unha tetraloxía

sobre as españolas, empezando pola de Santiago, como el

mesmo afirma nunha nota incluída na súa obra El Maestre

de Santiago (Madrid, Imprenta Moderna, 1892). Segundo a

mesma versión, trala caída de Isabel II, Curros decide volver,

algo que faría, en opinión dos citados biógrafos, pasando

por París. A xuízo de Vilanova Rodríguez e de Carré

Alvarellos, Curros, despois de deambular pola capital

ourensá e probablemente pola Coruña, trasládase a

Madrid. Nesta cidade estudia o bacharelato, probablemente

no instituto Cardenal Cisneros, que compaxinaría coa

carreira de Dereito na Universidade Central. Verbo dos seus

estudios universitarios, Carré Alvarellos e Vilanova

Rodríguez buscaron en van o preceptivo expediente académico

do noso autor; Calveiro insinúa que o seu paso pola

Universidade se realizaría “por libre”, sen que Curros chegase

finalmente a graduarse.

1866-67 De acordo co exposto polo seu fillo Adelardo, Manuel

Curros Enríquez dáse a coñecer nos ambientes literarios da

capital ó publicar algunhas colaboracións no diario El

Español.

1868 Revolución de Setembro (“A Gloriosa”).

Isabel II abandona España.

Iníciase a Guerra dos Dez Anos en Cuba.

Publícase a Gramática gallega de Saco y Arce.

Curros presencia o triunfo da Revolución que,

como el mesmo declara, tería unha importancia decisiva na

formación da súa ideoloxía política. Calveiro testemuña

que o 30 de setembro de 1868 o noso autor atópase en

Valladolid, aducindo en apoio desta afirmación a propia

confesión de Curros. Seguindo ó mesmo biógrafo, a finais

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!