Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
07.01.2013 Views

Intrahistoria da casa dos poetas... 541 tural Coelerni-Solpor decide organizar unha serie de actos de lembranza do escritor con motivo do 75 aniversario do seu pasamento. Os actos teñen lugar entre o 11 e o 15 de decembro deste ano e entre os días 5 e 7 de febreiro, xogando co dato erróneo que algún biógrafo apuntou sobre a morte do poeta. Homenaxe do Centro Cultural Coelerni-Solpor e do Concello de Celanova con motivo do 75 aniversario da morte do poeta. Febreiro de 1983. A Coruña Iso quedou nunha mera anécdota para o que realmente supuxo esta iniciativa, xa que por primeira vez en moitos anos Celanova desprazouse a homenaxear ó poeta diante da súa tumba no cemiterio de Santo Amaro e tamén perante o monumento que con tanto orgullo mantivo a súa memoria en pé nos Cantóns da Coruña. 15 de agosto de 1985. Créase o Premio “Celanova, Casa dos Poetas”: Por iniciativa da revista Follas Secas, que dirixe Xosé Manuel del Caño, e en colaboración co Concello de Celanova, sen que se recuperase dun xeito oficial o Patronato Curros Enríquez, créase o premio "Celanova, Casa dos Poetas", que é entregado ó longo dunha semana cultural, organizada con motivo das festas patronais de Celanova, a catro persoeiros da cultura galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Alfredo Cid Rumbao e Ricardo Carballo Calero.

542 Antonio Piñeiro 27 de decembro de 1985. Renace o Patronato: Non tivo que pasar sequera un ano para que un fato de persoas ligadas ós ambientes culturais de Celanova se reunisen no despacho do alcalde desta vila, Adolfo Vázquez Rivero, e acordasen facer renacer o devandito Patronato, despois de que o anterior alcalde, Gregorio Álvarez Medela, mantivese no seu poder o legado documental dos antigos membros do colectivo. Nestes intres o novo Patronato constitúese coa presencia do propio alcalde, Adolfo Vázquez, o concelleiro de Cultura, Manuel Álvarez Pérez, Xosé Manuel del Caño, que sería designado secretario, o crego de Celanova, Cesáreo Iglesias, o presidente de Caixa Ourense, José Posada González, Xulio Rodríguez e Francisco Saa en representación da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, Isabel Ingelmo Hierro, naquel intre correspondente do xornal La Voz de Galicia, Celso Montero Rodríguez, Xosé Benito Reza Rodríguez, Xosé Luís Méndez Ferrín e Antonio Piñeiro Feijóo, naquel momento correspondente do xornal La Región. No transcurso do acto decidiuse nomear presidente de honra do novo Patronato a Gumersindo Fernández García, o único membro vivo do Patronato inicial. Daba comezo aquí o que poderiamos denominar a segunda etapa histórica do Patronato Curros Enríquez, que viviu unha non menos longa serie de acontecementos encamiñados sempre a conseguir un acordo cos propietarios da parte non pertencente á Unión Orensana, co fin de facer da casa o Museo que todos desexabamos. 14 de xullo de 1986. Novos estatutos: Varias reunións entre os compoñentes desta nova xunta directiva dan como resultado a aprobación e legalización, pola vía das asociacións culturais, dos novos estatutos, que coinciden basicamente cos elaborados en 1953 polos orixinarios fundadores do colectivo e que teñen como máximo obxectivo o de “mercar, restaurar e converter en museo a casa de Manuel Curros Enríquez”.

542 Antonio Piñeiro

27 de decembro de 1985. Renace o Patronato: Non tivo que

pasar sequera un ano para que un fato de persoas ligadas ós

ambientes culturais de Celanova se reunisen no despacho do alcalde

desta vila, Adolfo Vázquez Rivero, e acordasen facer renacer o

devandito Patronato, despois de que o anterior alcalde, Gregorio

Álvarez Medela, mantivese no seu poder o legado documental dos

antigos membros do colectivo.

Nestes intres o novo Patronato constitúese coa presencia

do propio alcalde, Adolfo Vázquez, o concelleiro de Cultura,

Manuel Álvarez Pérez, Xosé Manuel del Caño, que sería designado

secretario, o crego de Celanova, Cesáreo Iglesias, o presidente de

Caixa Ourense, José Posada González, Xulio Rodríguez e Francisco

Saa en representación da Consellería de Cultura da Xunta de

Galicia, Isabel Ingelmo Hierro, naquel intre correspondente do

xornal La Voz de Galicia, Celso Montero Rodríguez, Xosé Benito

Reza Rodríguez, Xosé Luís Méndez Ferrín e Antonio Piñeiro

Feijóo, naquel momento correspondente do xornal La Región. No

transcurso do acto decidiuse nomear presidente de honra do novo

Patronato a Gumersindo Fernández García, o único membro vivo

do Patronato inicial.

Daba comezo aquí o que poderiamos denominar a

segunda etapa histórica do Patronato Curros Enríquez, que viviu

unha non menos longa serie de acontecementos encamiñados

sempre a conseguir un acordo cos propietarios da parte non pertencente

á Unión Orensana, co fin de facer da casa o Museo que

todos desexabamos.

14 de xullo de 1986. Novos estatutos: Varias reunións entre os

compoñentes desta nova xunta directiva dan como resultado a

aprobación e legalización, pola vía das asociacións culturais, dos

novos estatutos, que coinciden basicamente cos elaborados en

1953 polos orixinarios fundadores do colectivo e que teñen como

máximo obxectivo o de “mercar, restaurar e converter en museo a

casa de Manuel Curros Enríquez”.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!