07.01.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

48 Carlos Manuel Callón Torres

subliña a idea de que Xesus era falante dun dialecto, vinculando a

seguir, de xeito definitivo, o martírio mesiánico co da Galiza: “Pero

los Cristos de ahora no son hombres: son pueblos. Lo que ayer

hacía Roma con Jesús, hoy lo hace Madrid con Galicia” (Curros,

1979:1.304) 52 .

4 COLOFÓN

No emerxente SLG do último terzo do século XIX cobra un

especial relevo o recoñecimento inter pares dos escritores, ante a

caréncia doutras posibilidades de institucionalización. Asi, na obra

de Curros aparece reiteradamente a exortación a ler escritores galegos,

co argumento de evitar a alienación. Entre estes escritores ten

unha releváncia especial unha muller, Rosalía de Castro, casada (co

que iso ten de proxección pública) cun dos nomes máis importantes

do movimento proto-nacionalista. É notábel que Curros convide

a ler os textos desta escritora, mais estes non funcionan –salvo

excepcións– como modelos para el. A aparición rosaliana na obra

de Curros produce-se basicamente introducindo a própria escritora

como elemento do repertório, ao dar-lle a consideración de símbolo

da pátria.

A Rosalía introduce-a como repertório sobretodo despois

da sua morte, ainda que o escritor non deixara de recoñecé-la xa en

vida. A sua aparición será en homenaxes poéticas onde se ataque o

proceso de utilización da escritora polos sectores que lle foron máis

hostis en vida e que o continuan a ser con aqueles e aquelas que

defenden un campo literário galego e loitan contra a marxinalidade

da Galiza. Curros posiciona-se con contundéncia reivindicando

a pervivéncia de Rosalía na memória do país en momentos especialmente

adversos (en 1891 existia unha forte polémica sobre o

traslado; en 1904, Rosalía era case unha descoñecida popularmente).

Nesta liña, n’O divino sainete contesta as primeiras manipulacións

de sentido, identificando Emilia Pardo Bazán –a grande

representante do subsistema literário español na Galiza– como

52. O coñecido poema saudando a chegada a Ourense da primeira locomotiva prioriza

tamén un repertório relixioso (mais anti-clerical), nunha visión optimista do progreso.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!