07.01.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A función de Curros no proceso de... 47

dentro do repertório redentorista 49 do movimento proto-nacionalista

galego, repertório este que xa se ten vinculado co tamén priorizado

polo movimento emancipador polaco 50 .

Curros bota man deste repertório en diversas ocasións. Asi,

no momento da sua coroación como poeta, lerá o seu poema “Ao

pobo cruñés”, onde se identifica o sofrimento da Galiza co da paixón

de Xesus Cristo:

Cesade, pois, que estas festas

sentan mal a un emigrado

e, máis que a min, fanlle falla

ao triste pobo galaico.

Esta croa, que me dades,

pra cando el trunfe eu lla gardo,

¡que abondo levou de espiñas

o corazón coroado! (p. 944)

Xa na “Introducción” aos Aires identificaba o idioma galego

como “Cristo das lenguas” (p. 328) e o poeta proclamaba-se

apóstolo, evanxelista da língua. E en 1895, no artigo “El símbolo”,

publicado en La Tierra Gallega, oferecia unha visión patriótica do

mesias cristián, do cal dicia que morreu por amar a sua pátria.

Desde a sua experiéncia histórica, vincula o que nós hoxe denominaríamos

o nacionalismo co internacionalismo, isto é, a base

universalista, de solidariedade mundial, dos movimentos de libertación

nacionais, particulares (como aqui une a postración da

Galiza cos conflitos bélicos de carácter imperialista máis relevantes

da sua época) 51 . Despois de falar do poder da palabra, o xornalista

49. Curros, nunha nota crítica de 1894, aplicará o termo “redención” a un povo concreto:

Cuba, ao dicer que o libro reseñado “Más que una colección de discursos, esta

obra debiera titularse ‘Historia de la redención del pueblo cubano’” (p. 1149). Tamén

no poema “¡Pola unión!”, de 1894, o poeta identifica o país cunha nai que hai que redimir:

“Véndote entre pena tanta, / teus bravos fillos ¿que fan?... / ¿En que pensan?...

¿Onde están, / que non collen os fouciños / e botándose ós camiños / a redimirte non

van?” (p. 897).

50. Vid. Rodríguez, 1988:230.

51. Asi, di de Xesus Cristo: “El amor a su patria era en El tan grande que no cabía en

la Judea, y se desbordó por el Universo, llamando a disfrutar de sus beneficios a todos

los hombres” (Curros, 1979:1.302).

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!