07.01.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

376 Ramón Nicolás Rodríguez

8), brevemente, nesta que foi a súa terceira participación, as palabras

xa de indiscutible matiz político:

Galicia depositou a sua espranza na Repúbrica e os pobos non

perdoan nunca que se maten as súas ilusións. Si os galegos tivéramos

que seguir loitando baixo iste réxime, como loitamos baixo o

desaparescido, os galeguistas, seguindo o exempro dos precursores a

quenes homenaxeamos, loitaremos ainda con mais fervor, tendo

ademais a axuda d-esas Mocedades que están xurdindo en toda a nosa

Terra que veñen a colab[o]rar eficaz e xuvenilmente pol-a redención

galega que cantaron Curros, Pondal, Murguía e demais ilustres

desaparescidos.

Daquela, ao longo da República, A Nosa Terra non retomará

a información destes actos ata a súa desaparición en 1936.

Se cadra, estes actos non deixaron de se celebrar pero xa eran

outros os obxectivos máis marcadamente políticos que acadar e xa

non se carecía de tribunas nas que expor a ideoloxía galeguista,

malia que Curros e a súa propicia sombra non deixasen de ser un

abeiro acaído para o galeguismo. En 1933 o boletín non reaparecerá

ata o mes de xuño, e nas entregas dos anos 1935 e 1936 non

se rastrexa ningunha información sobre a homenaxe. No ano 1934

apenas o lembra un artigo anónimo baixo o título de “Curros” (A

Nosa Terra, n.º 327, 17 de marzo de 1934, p. 1, cfr. apéndice, texto

9) a medio camiño entre a arenga combativa e o lirismo máis

modélico (“Ollos metálicos de visionario, dicen poemas na plata

viva das estrelas campesiñas. Os seus cabelos non contan os dedos

das constelacións, pero xuntan ao mar e â armonía cósmica con

ventos de rebeldía”). Deste xeito todo parece indicar, tal e como

Alonso Montero puntualizou, que aquela vella homenaxe a Curros

gozará de continuidade singularizada na homenaxe cívica que se

celebrou na Coruña o 25 de xullo de 1935, aquel chamado ”foro

das 17 arengas” que, no seo deste mesmo Congreso, gozará dunha

saudosa reedición.

É así como Curros convoca co seu exemplo, desde a súa

morte, plataformas cívicas de expresión reivindicativa, de inequívoco

ton galeguista, progresista, demócrata e republicano. Velaí,

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!