07.01.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A función de Curros no proceso de... 37

fundo controvertido doutras composicións citadas (como as dúbidas

sobre a existéncia de Deus que se apresentan no poema “Santa

Escolástica” ou as críticas ao afán de lucro da xerarquia cristiá no

poema que fala da romaria da Nosa Señora da Barca). Mais os problemas

non son apenas debidos á heterodóxia relixiosa da escritora,

senón tamén á perigosa localización política dela e dos promotores

do acto (repare-se: “aún con ideas políticas aunque siempre

dentro del catolicismo”).

Os rexionalistas tiveron que “dulcificar” algo o acto, probabelmente

pactuando o desenvolvimento dos actos coa xerarquia

eclesiástica, e aí pode estar a chave da auséncia de Murguía ou de

Juan Manuel Paz, que se anunciaba que ia asistir como representante

da família na comitiva de dó. La Patria Gallega, no boletinrevista

do 30 de Maio de 1891, dedicado aos actos, inclue dous

poemas inéditos de Rosalía: “De Galicia os cimeterios” e “Tan solo

dudas y terrores siento”. É nítida a intención de criar unha Rosalía

devota. Deste xeito,

o que debia ser un acto de fonda reivindicación patriótica ficou

inmerso na dialéctica ortodóxia católica/heterodóxia e na tensión

Arzebispado/amigos católicos de Rosalia, os rexionalistas de

procedéncia carlista. Por motivacións relixiosas ou por antirexionalismo

os actos do traslado, ainda que multitudinários en

Santiago, foron silenciados e boicoteados pola prensa conservadora

ou liberal en toda a Galiza. As contradicións ideolóxicas dos

rexionalistas foron cómplices da censura estabelecida para a

posteridade. Pero a verdade é que a Murguia non se lle pode esixir

máis do que, naquel intre, fixo: distanciar-se da formalización última

dos actos, ainda que non do seu espírito. (Rodríguez, 1988:393)

Cos actos de 1891, boicotados pola Igrexa e as forzas da

Restauración, abre-se, porén, unha etapa de utilización de Rosalía

como símbolo da Pátria por parte dos rexionalistas.

Voltando ao poema, é constatábel que se trata dun dos

máis reproducidos de Curros, o cal lle confere especial releváncia

no que di respeito á posíbel función mediatizadora da figura de

Rosalía de Castro.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!