07.01.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

188 Olivia Rodríguez González

novo século cun optimismo propio da masonería ilustrada: o poeta

Chamfort, por exemplo, escribe unha “Oda sobre a grandeza do

home”, na que Deus, percorrendo coa mirada o universo, se detén

sobre a especie humana e exclama (a cita é interesante como contraste

cos poemas de Béranger e de Curros Enríquez):

El contempla os homes

E na nosa alma finalmente vai buscar

A súa grandeza (Íbidem: 31).

O proceso de coroación do escritor triunfou sobre a oposición

contrarrevolucionaria, moi forte en Francia, desde a caída de

Napoleón ata a revolución de 1830. Os poetas do romanticismo

liberal, nados entre 1780 e 1800, entre os que destacaría, á beira

de Béranger, Casimire Delavigne, continuarán durante o Imperio e

a Restauración a poesía do século anterior. Dando entrada á estética

romántica, e despois duns inicios reaccionarios, incorporaríanse

logo Lamartine, V. Hugo e A. Vigny; así como Alexandre Dumas,

Sainte-Beuve e Stendhal, este último, gran admirador de Béranger

(P. Bénichou, 1981: 284).

Cando chega o desencanto liberal –sinálase como causa

deste retroceso o temor da burguesía ó perigo do proletariado

emerxente–, os máis novos declararían o romanticismo incompatible

cos valores burgueses. Así, despois de 1848 e 1851, os novos

poetas como Nerval e Gautier afástanse da política. Pero para

entón o desposuimento da relixión pola literatura xa estaba consumado

(Íbidem: 430).

A. Arnault, no devandito libro de 1864 sobre o seu gran

amigo Béranger, describe perfectamente as características do seu

deísmo. O espírito do chansonnier era marcadamente relixioso,

como testemuñan case todas as súas cancións. Béranger forxa un

deus á súa imaxe, e adórnao con todas as virtudes que se atopaban

nel mesmo. O poeta cre nun deus autor do universo e na inmortalidade

da alma. Non cre na divindade de Cristo, na inmaculada

concepción, na trindade, nos santos nin nos milagres, e oponse

vehementemente ó “sistema bárbaro da caída do home, da gracia e

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!