30.06.2021 Views

BOGA 2021

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A Liga Euskotren vai medrando, non apenas na historia, mais

tamén na cantidade de remeiras. Son cada vez máis

remeiras as que aportan o seu gran de area á competición.

Con maior cantidade de remeiras nos planteis, o

nivel sobe considerabelmente, tal e como aseguran as

protagonistas desta reportaxe.

Terceira tempada consecutiva coas catro mesmas traiñeiras

guipuscoanas a desputaren a Liga Euskotren: Orio Orialki,

Donostiarra Lacturale, Arraun Lagunak e Hondarribia

Bertako Igogailuak. Malia as embarcacións seren do

mesmo territorio a presenza de remeiras de outras

provincias, incluso de outras Comunidades Autónomas

é a cada vez máis notorio, como por exemplo de Galiza.

A actual campioa, Orio Orialki, continúa a contar coas dúas

remeiras que chegaron na tempada 2019; Vicky Piñeiro e Sandra

Piñeiro. Donostiarra Lacturale, dende a pasada campaña conta con dúas

deportistas de Galiza: Andrea Oubiña e Natalia Tubio. Donostia Arraun

Lagunak, pola súa banda, contará con tres remeiras galegas. Cristina

Simoes, que chegou na pasada campaña, Alejandra Rios e Laura

Martínez, que van reforzar o equipo de cara o verán. As dúas últimas,

chegan logo de remaren na pasada campaña en Hibaika na

Liga ETE e realizaren a pretempada nos seus clubs natais. Esta

será a súa primeira vez na Liga Euskotren.

Laura Martínez e Andrea Oubiña coinciden en que “en Galiza hai

moi boa canteira, e mostra disto é que a cada vez se animen máis

remeras a viren a Euskadi”. Pola súa parte, Tubio amósase “moi contenta

ao ver excompañeiras en outros equipos, faime moita ilusión, aínda

que agora sexamos rivais”. Na cantidade tamén inciden Sandra Piñeiro e Cristina Simoes, pero

esta ocasión sen concretaren a procedencia, “cantas máis remeiras sexamos, o nivel da competición

tamén subirá, polo que é bo que a xente se anime a remar”, afirman.

Nótaselles a todas a ilusión de estaren na antesala dunha nova tempada, mais non por isto

esquecen o traballo que hai detrás, así como o sacrificio que conleva. Por exemplo, Sandra

Piñeiro asegura “estar soa para remar. Deixas a túa casa, e aínda que aquí fagas a túa vida,

sacrificas as 24 horas do día para remar e dares o mellor de ti”. A súa compañeira de traiñeira

Vicky asegura que “as galegas deixamos moito atrás por estarmos aqui. Estamos

nunha liga moi competitiva, é un dos apoios para seguirmos a traballar”.

Cristina Simoes, que leva seis anos fóra de Galiza, está máis “afeita” a se afastar da familia

e as amizades. Aínda así, é consciente de as súas compañeiras teren a favor a proximidade

do “apoio das súas familias, de amizades… dache un punto de confianza”. Ademais, afirma, que

o que está a vivir co remo, “non o teño vivido con ningún outro deporte. Ao final fas das túas compañeiras

o teu círculo de apoio, e iso é moi gratificante”.

Simoes, canda o resto das súas compañeiras, realizou a pretempada en Donostia incluída a tempada

de bateis e traiñeiriñas. Pola súa banda, Alejandra realizábaa no Caramiñal, e Laura en Ribeira. As dúas,

dende a distancia, son conscientes do hándicap que teñen. “Pola Covid-19, non puidemos subir tanto

como nos gustaría co equipo. Estamos un pouco a cegas, mais estamos con vontade de coñecer o

equipo, o adestrador … sabemos que todo sairá ben” afirma Laura. Pola súa banda, Alejandra, agradecía

poder realizar as tempadas de competición, “temos a mochila de traballo realizado para a tempada

de traiñeiras. Non é o mesmo estarmos todo o inverno a facer traballo no ergómetro”, engade.

En Donostia, Cristina Simoes asegura estar “desexando que veñan as compañeiras”.

Alejandra Ríos

y Laura Martínez

Todas están con vontade de que chegue a primeira fin de semana de xullo, cando Natalia e o resto de

patroas terán que coller a estacha por primeira vez na tempada. O destino quixo que sexa en Galiza, coa

desputa da IV Bandeira Cidade da Coruña. A patroa de Donostiarra asegura que, aínda “non sendo a miña

cidade, para os galegos é a nosa casa. Esta é unha regata á que os nosos teñen máis fácil asistir”.

Para rematar, todas coinciden en que o remo é un deporte de constancia, tal e como asegura Oubiña,

“o camiño é longo, mais con esforzo e traballo, todo chega”. Por isto, animan a todas as mozas

que queiran probar o remo. Aínda, a aquelas que teñan a oportunidade de iren ao País Vasco,

tamén as animan a daren o salto, dado que “se che sae ben, xenial, e se non, tes outra cousa que

aprender, mais o "non" xa o vas ter”, sinala Sandra.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!