12.12.2020 Views

Equipo 5: Proxecto Covid: a natureza vai á aula, por Conchi Mourenza, Pilar Rodríguez e Cristina Señarís.

Achegamento á natureza en tempos de pandemia nunha escola infantil de Coruña.

Achegamento á natureza en tempos de pandemia nunha escola infantil de Coruña.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Proxecto COVID: A natureza vai á aula.

Achegamento á natureza en tempos de pandemia para infancia de 2 a 3

anos da Escola Infantil Carmen Cervigón.

Autoras:

Concha Mourenza Vázquez, Pilar Rodríguez García e Cristina Señarís

Ramos

MP0019 Proxecto de atención á infancia

Decembro, 2020


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

1

Índice

1 R​ESUMO 2

2 I​NTRODUCIÓN 3

2.1 MARCO​ ​FORMATIVO​ ​DO​ ​PROXECTO

2.2 DESCRICIÓN​ ​DO​ ​EQUIPO​ ​DE​ ​TRABALLO

2.3 DESCRICIÓN​ ​DO​ ​TRABALLO​ ​DESENVOLVIDO

3 XUSTIFICACIÓN 7

3.1 CONTEXTO​ ​DE​ ​INTERVENCIÓN

3.2 COLECTIVO​ ​DESTINATARIO

3.3 ESTUDO​ ​DA​ ​VIABILIDADE​ ​DO​ ​PROXECTO

4 OBXECTIVOS 11

4.1 FINALIDADE​ ​DO​ ​PROXECTO

4.2 OBXECTIVOS​ ​ESPECÍFICOS

5 FUNDAMENTACIÓN 12

5.1 NORMATIVA

5.2 CIENTÍFICA

6 DESCRICIÓN​ ​DA​ ​PROPOSTA​ ​DE​ ​INTERVENCIÓN 16

6.1 DESCRICIÓN​ ​DO​ ​DESEÑO​ ​DA​ ​INTERVENCIÓN

6.2 DESCRICIÓN​ ​DO​ ​DESEÑO​ ​DA​ ​SECUENCIA​ ​DE​ ​ACTIVIDADES

6.3 DESCRICIÓN​ ​DO​ ​PROCESO​ ​DE​ ​AVALIACIÓN

6.4 ACTUACIÓNS​ ​EN​ ​SEGURIDADE​ ​E​ ​PREVENCIÓN​ ​DE​ ​RISCOS

7 DESCRICIÓN​ ​DOS​ ​RESULTADOS​ ​ACADADOS

8 BIBLIOGRAFÍA 34

9 ANEXOS 36

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

2

1. ​Resumo

Este proxecto enfocouse na posta en marcha dunha intervención educativa no seo

dunha escola infantil ligada a unha situación específica e excepcional. A pandemia

que estamos a vivir e o carácter urbán da escola levaronnos a votar en falta neste

contexto vías de ​achegamento ao medio natural. Despois de poñernos en contacto co

persoal da escola e analizar distintas inicativas e premisas educativas neste eido,

propuxémosnos deseñar unha alternativa para favorecer que os nenos e nenas

puidesen desfrutar neste marco de experiencias e vivencias vinculadas á natureza,

tanto polos beneficios e oportunidades que ofrece para o seu desenvolvemento como

pola crecente necesidade actual de concienciar ós mais pequenos sobre a

importancia do coidado e conservación do medio ambiente.

A ausencia de espazos axeitados e de oportunidades de saír a explorar fóra da aula

mais que un impedimento supuxeron un reto para nós e para salvalo decidimos que

era a natureza a que, esta vez, tiña que ir á aula. Contabamos coa gran oportunidade

de poñela en marcha e deseñamos e levamos a cabo a proba piloto que aquí se

presenta para 20 crianzas da aula de 2-3 anos e as súas familias, apoiándonos nunha

metodoloxía basada no xogo e na experimentación.

Esta experiencia non fixo mais que reforzar ideas coas que nace o proxecto.

Palabras clave: ​COVID, natureza, respecto, xogo, exploración.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

3

2. Introdución

2.1. Marco formativo do PFC

O presente proxecto atópase en consoancia coas prescripcións curriculares

que se recollen no ​Decreto 226/2008, do 25 de setembro polo que se establece o

currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de

técnico superior de educación infantil.

Neste senso a través del traballamos cada unha das ​competencias

profesionais, persoais e sociais establecidas, xa que se levan a cabo as tarefas de

programación e organización de recursos materiais necesarios para efectuala; a posta

en práctica da mesma; contempla estratexias de inclusión das familias; aborda a

avaliación do proceso de intervención; e respecta as liñas de actuación marcadas

pola institución na que se realiza e os protocolos de saúde e seguridade vixentes.

Así mesmo trabállanse grande parte dos obxectivos que se sinalan para este

perfil profesional tales como identificar a programación de actividades para un grupo e

contexto concreto; seleccionar recursos didácticos e estratexias metodolóxicas;

aplicar dinámicas de participación e socialización así como estratexias de transmisión

de información sobre os contidos abordados; valorar a importancia e os principios do

traballo en equipo intercambiando información e experiencias para enriquecer a

intervención; e analizar materiais, espazos e lexislación en materia de prevención.

Por último dicir que o proxecto conecta con contidos dos distintos módulos

profesionais que estructuran o ciclo: Didáctica da educación infantil, Autonomía

persoal e saúde infantil, O xogo infantil e a súa metodoloxía, Expresión e

comunicación, Desenvolvemento cognitivo e motor, Habilidades Sociais, Intervención

con familias e atención a menores en risco social, Primeiros auxilios, Formación e

orientación laboral, Empresa e iniciativa emprendedora e Formación en centros de

traballo.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

4

2.2. Descrición do equipo de traballo

As integrantes do equipo de traballo somos tres estudantes do Ciclo Superior

de Educación Infantil na modalidade a distancia. O azar foi o noso nexo de unión.

Cando asistimos á primeira sesión para comezar o módulo de Proxecto de atención á

infancia o resto de compañeiras xa tiñan conformada a idea do seu proxecto, así

como os equipos de traballo. Nós asistimos a esa sesión sen unha idea definida e

esta foi a circunsatancia que nos levou a xuntarnos.

Partimos do convencemento de apostar por unha proposta que poder levar á

práctica. Apenas foron necesarios tres días para que xurdira a idea do proxecto que

aquí se presenta. Unha conversa sobre a formación en centros de traballo foi o

detonante e a partires deste momento todas depositamos a nosa confianza nesta

proposta que progresivamente se foi definindo e concretando.

Para a análise da situación de partida realizamos unha análise DAFO:

Debilidades​: no momento inicial non nos coñecemos polo que non contamos

con experiencia previa de traballo xuntas e unha das integrantes desenvolve a

súa formación nun centro de traballo distinto ó de aplicación da proposta.

Fortalezas​: posibilidade de implementar a intervención no contexto onde se

detecta a necesidade e a disposición favorable do persoal da escola.

Ameazas​: a presente situación de pandemia pode incidir interrompendo a

aplicación práctica de producirse a circunstancia do peche da aula nas datas

previstas para levala a cabo.

Oportunidades: a posibilidade de intervir nunha situación real, poñendo a

proba o nosos coñecementos e avaliar nosa xestión educativa.

2.3. Descrición do traballo desenvolvido

A hora de definir os roles das integrantes do equipo de traballo seguimos a

Teoría de Roles de Equipo do Dr. Meredith Belbin.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

5

Nome Rol Tarefas Frecuencia

Cristina Señarís

Impulsora

Adqusición e preparación

Diaria a nivel

Implementadora

do material

individual e

Posta en práctica

posta en

Observación do proceso

común

semanal

Pilar Rodríguez

Cohesionadora

Documentación

Diaria a nivel

Finalizadora

contextual e científica

individual e

Preparación das distintas

posta en

fases e deseño do

común

documento final

semanal

Concepción

Investigadora de

Complementación da

Diaria a nivel

Mourenza

recursos

documentación científica

individual e

Análise do marco

posta en

lexislativo

común

educativa

semanal

Táboa 1: organigrama

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

6

OUTUB.

OUTUB.

NOVEMB.

NOVEMB.

NOVEMB.

NOVEMB.

DEC.

ACTIVIDADES

3ª SEM.

4ª SEM.

1ª SEM.

2ª SEM.

3ª SEM.

4ª SEM.

1ª SEM

Fundamentación

da proposta e

recompilación de

información

Contacto co

persoal do centro

ao que se dirixe

Construción da

xustificación e

obxectivos

Construción do

marco teórico e

conceptual

Deseño da

metodoloxía e as

actividades

Adquisición e

preparación do

material

Posta en práctica

da secuencia de

actividades

Avaliación

continua do

proceso

Análise e

conclusións

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

7

Redacción

definitiva e

preparación da

presentación

Táboa 2: cronograma

3. Xustificación

3.1. O contexto de intervención

A proposta educativa que conforma este proxecto está pensada e deseñada

para a escola infantil Carmen Cervigón (Figura 2). Esta escola pertence á Rede de

Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña (REIM), xestionadas por empresas

concesionarias, aínda que a diferencia dos outros oito centros que a integran, a

titularidade da mesma osténtaa o Instituto Benéfico Social Padre Rubinos, que ten

asinado co concello un convenio de colaboración. Todas as escolas desta rede están

sometidas á normativa vixente para o primeiro ciclo da educación infantil e ao

Regulamento de organización e funcionamento da REIM. Ademais réxense por un

Regulamento de réxime interno propio e identificativo.

A escola ubícase nun edificio moderno de recente creación (2014) e deseño

minimalista que alberga outras instalacións de carácter social, integrándeose así nun

complexo cuxas zonas verdes non se atopan contiguas á escola, senón relativamente

afastadas da mesma. Dito complexo (Figura 1) sitúase no barrio coruñés dos Rosais.

Sendo a cidade da Coruña a de maior densidade poboacional de Galicia, este barrio

constitúe, dentro dela, un foco de poboación nova, con unha salientable presenza de

familias con nenos/as e cuxo perfil económico predominante se corresponde con

unha renda media.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

8

​ Figura 1: Imaxe do complexo Padre Rubinos

Figura 2: Imaxe da E.I. Carmen Cervigón

Ata o presente curso a escola incluía dúas iniciativas que pretendían fomentar

o respecto e o coñecemento dos animais e do medio ambiente. Trátase por unha

banda do Programa de educación asistida con animais, polo que de forma periódica

os nenos e nenas realizaban actividades con Nuba, unha cadela golden retriever de

tres anos con entreamento específico en Terapia Asistida con Cans e, por outra, da

observación e coidado dun horto situado na residencia de anciáns do complexo (a

uns 300m. da escola aproximadamente). Actualmente ambas iniciativas atópanse

suspendidas pola situación sanitaria que estamos a vivir, o que supón unha perda que

consideramos que debe de ser reparada na medida do posible, tendo sempre en

conta as posibilidades de actuación que nos permite o contexto que nos afecta neste

curso académico.

Son varias as razóns que nos impulsan a levalo a cabo e a situar a inclusión

desta proposta como unha necesidade, as mais salientables son:

A importancia de fomentar a concienciación sobre o respecto ao medio

ambiente na sociedade actual dende idades temperás, poñendo en valor a

natureza e o seu coidado como un eixe fundamental na educación dos mais

pequenos.

A atención ás liñas establecidas pola lexislación vixente no ámbito curricular

da educación de 0-3, onde se fai mención expresa á observación e exploración

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

9

do contorno natural como un obxectivo xeral da etapa, así como ás premisas

de intervención educativa que se establecen dende a propia escola.

O perfil urbano co que conta a escola polo seu deseño e a súa localización, o

cal afecta tamén as experiencias vivenciais das persoas usuarias da mesma,

véndose incrementada a importancia de engadir esta temática na

programación de aula.

O feito de que a pandemia está a afectando a que as iniciativas levadas a cabo

con anterioridade no relativo á interacción co contorno natural non teñen

cabida na actualidade tal e como se viñan realizando e a posibilidade que nos

ofrece esta situación para adoptar outras vías para o seu desenvolvemento.

A hipótese de partida e que pretendemos comprobar a través da posta en

práctica da proba piloto que aquí se presenta é que é posible adaptar a programación

de aula á nova situación introducindo nela unha serie de recursos e actividades que

ademais de resultar estimulantes para os nenos e nenas, nos servirán de vía para a

exploración da natureza e o fomento do respecto pola mesma, á vez que logramos

facer partícipes ás familias da actividade dos pequenos na escola e favorecer a

extensión da nosa iniciativa ao ámbito familiar.

3.2. O colectivo destinatario

Outro aspecto clave á hora de definir as liñas de actuación son os destinatarios

do proxecto. O grupo ao que se destina a intervención non conta con situacións de

NEE e polo tanto non vai a precisar do establecemento de medidas de atención á

diversidade. Está integrado por un total de 20 nenas e nenos de 2-3 anos nacidos na

primeira parte do ano. A atención ó nivel evolutivo xeral do grupo de cativos/as en

función dos fitos de desenvolvemento propios da idade e a adaptación aos tempos e

aos ritmos individuais son aspectos centrais que contemplamos á hora de abordar o

deseño da nosa proposta.

A esta idade xa se produciron unha serie de adquisicións en torno ó

desenvolvemento motor como control postural, equilibrio e coordinación motriz que

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

10

lles permiten gañar en autonomía no movemento e nas súas posibilidades de

manipulación e experimentación. Xa son capaces de realizar desprazamentos e

actividades coas mans simultaneamente.

No ámbito do desenvolvemento cognitivo o neno encóntrase segundo a

clasificación proposta por Piaget no estadio preoperatorio, destacando o incremento

no emprego de representacións internas da realidade e a aparición de novas

habilidades simbólicas que aínda operan de xeito intuitivo. O egocentrismo segue a

predominar no seu xeito de comprender o que acontece ó seu arredor e desenvólvese

a capcidade para apreciar relacións funcionais simples de carácter cualitativo. Xa non

só amosan interese polos resultados das accións senón tamén pola maneira na que

se producen, a través da manipulación son quen de coñecer as transformacións que

teñen lugar dando cabida a un verdadeiro aprendizaxe activo.

Outra conquista importante deste período vaina a constituír a linguaxe co

xurdimento das primeiras oracións e o uso frecuente da pregunta. Son quen de

verbalizar explicacións e opinións e de construír as súas primeiras hipóteses sinxelas,

o que lles abre unha nova vía de expresión e de reafirmación da súa identidade. Este

aumento a nivel comunicativo tamén vai a implicar un maior interese pola relación cos

iguais e o gusto polas actividades de carácter grupal, desfrutando, compartindo

xogos, copiándose e imitándose.

Xunto con estas capacidades xa adquiridas que servirán de base á hora de

planificar a intervención e, polo tanto, as actividades a realizar, teremos en conta

tamén aspectos como que tanto os nenos e nenas como as súas familias

desenvolven a súa vida cotiá no contexto urbano da cidade e polo tanto contan con

menos ocasións para o desfrute do espazo e dos recursos do contorno natural que as

persoas que o fan en emprazamentos mais alonxados destes núcleos.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

11

3.3. Estudio da viabilidade do proxecto

A viabilidade desta proposta susténtase en primeiro lugar na posibilidade de

levala á práctica actualmente, durante o tempo de permanencia das integrantes do

grupo na escola durante a estadía de formación e grazas, en gran parte, á

disposición de colaboración por parte do persoal de dirección e persoal educativo do

centro (Anexo 1).

Outro punto a favor constitúeno os recursos necesarios para implementala,

tanto no que atinxe á dispoñibilidade por tratarse de recursos doados de conseguir e

abundantes como polo baixo custo dos mesmos, podendo asumilo nós mesmas sen

necesidade de depender de axentes externos. En canto aos recursos humanos non

precisamos tampouco de mais colaboración que a mencionada do persoal do centro e

a de persoas do noso entorno para algunha cuestión puntual relativa aos materiais e,

tamén neste caso, resulta doado obter esta axuda.

Xa por último sinalar que a intervención educativa que implica se corresponde

integramente cos coñecementos e as capacidades adquiridas durante a nosa

formación a través dos distintos módulos cursados, de xeito que non precisamos de

apoios externos ó equipo de traballo para desenvolvela.

4. Obxectivos

4.1. Obxectivo xeral ou finalidade última da nosa intervención

Minimizar o efecto que está a supoñer a pandemia COVID-19 na diminución

das iniciativas de achegamento á natureza para os/as cativos/as no contexto da

escola infantil Carmen Cervigón.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

12

4.2. Obxectivos específicos

Para os nenos e nenas:

Progresar no coñecemento do medio natural a través da exploración sensorial do

mesmo.

Aumentar o vocabulario relacionado co medio natural de xeito activo, dialogando

sobre os descubrementos.

Mellorar as habilidades motrices tanto finas como grosas.

Controlar a frustración demorando a satisfacción dos desexos.

Adquirir unha actitude respectuosa coa natureza e os seres vivos que a habitan.

Para os/as profesionais:

Estimular a actividade e iniciativa das crianzas.

Incidir nos centros de interese dos nenos e nenas.

Empregar recursos materiais que fomenten experimentación.

Adaptar as actividades ás necesidades e características dos nenos e nenas.

Favorecer a participación das familias e o fluxo de información.

Fomentar a adquisición de valores en relación co medio ambiente.

5. Fundamentación

5.1. Fundamentos normativos

A nivel legal e seguindo unha liña de menor a maior concrección, partimos de

que na ​Constitución española ​(artigo 45) ​se recoñece o dereito das persoas e, polo

tanto, dos nenos/as a desfrutar dun medio ambiente axeitado para o seu

desenvolvemento e o seu deber de conservalo. A educación desenvolvese a nivel

estatal pola ​Ley Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade

educativa (LOMCE) que modifica á ​Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de

Educación (LOE), sendo esta última a que no seu Título I recolle as ensinanzas e a

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

13

súa ordenación e dentro deste, no Capítulo I o referido á Educación Infantil.

Dado que a educación é unha competencia transferida ás comunidades

autónomas guiámosnos polo ​Decreto 330/2009 do 4 de xuño, polo que se

establece o currículo de educación infantil na Comunidade Autónoma de

Galicia​, facendo fincapé na temática que nos ocupa mais concretamente o Anexo I

na área “coñecemento do contorno” e que ten como finalidade construír o

coñecemento sobre o medio físico, natural e social. A exploración e experimentación

cos obxectos e materiais serán a base para a posterior construción do coñecemento

lóxico-matemático, a interacción cos iguais e a educación en valores. No que

respecta aos obxectivos centrarémonos no bloque 2 de achegamento á natureza, xa

que o noso proxecto xira na súa totalidade en torno a esta temática.

Como a proposta que imos levar a cabo ten como escenario unha escola xa en

funcionamento teremos en conta como marco o ​Decreto 329/2005 do 28 de xullo,

polo cal se regulan centros de menores e centros de atención a infancia ​e que

se refire no capítulo terceiro, sección segunda, ás escolas infatís. Así mesmo tamén

tomaremos como referencia o ​Proxecto Educativo de Centro da escola infantil

Carmen Cervigón no cal figura como un dos seus obxectivos de cara ao alumnado o

de ​potenciar que o neno/a descubra, coñeza e interactúe co medio físico e natural de

maneira activa e pracenteira, ​e de cara ás familias o de ​favorecer as relacións da

familia co centro e o persoal do mesmo, facéndoas partícipes da vida dos seus fillos

na escola e implicándoos no seu proceso educativo​. No que respecta ós temas

transversais tamén se atopa neste documento referencia á ​educación ambiental que

ten por obxecto o de coñecer activamente o entorno natural e amosar interese cara a

súa observación, desfrute, respecto e conservación.

Dada a situación de crise sanitaria que estamos a vivir e que determina en

grande parte a necesidade de levar a cabo a nosa iniciativa, imos ter en conta o

Protocolo de actuación para escolas infantís 0-3 fronte ao coronavirus aplicable

as casas niño, puntos de atención a infancia, espazos infantís e ludotecas que

estableceu a Consellería de sanidade da Xunta de Galicia e, de xeito mais

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

14

específico, o ​Plan de Continxencia COVID 19 da Escola Infantil Carmen Cervigón​.

Todas estas directrices van a ser observadas para o deseño e execución das

actividades programadas, prestando especial atención a cuestións relativas á hixiene

e a limpeza para dar resposta a esta situación excepcional e protexer a saúde de

todas e todos.

5.2. Fundamentos científicos

Unha vez realizada a labor documental sobre a temática abordada observamos

unha evidente e crecente preocupación no contexto actual polo ​coidado e

protección do medio ​ambiente e que cada vez son mais as iniciativas que dende

moitos ámbitos se están a impulsar neste senso, no cal non cabe obviar o papel

primordial que xoga a educación. Cando educamos ós nosos nenos e nenas estamos

a ​transmitir valores que interiorizan e van a guiar as súas accións futuras. Cando

traballamos a natureza temos que asumir que a nosa labor neste ámbito vai a ser

acadar que desenvolvan a súa sensibilidade con respecto ó medio que habitamos e

medren como persoas comprometidas e responsables. Nesta liña enmárcase unha

inicativa recente no noso país, o proxecto “Naturaliza” de educación ambiental de

Ecoembes que fai unha aposta pola formación e a educación dende idades temperás

para acadar o compromiso co entorno natural e o uso responsable dos recursos.

Na actualidade están a proliferar modelos educativos que se enfocan neste

aspecto e que promoven o desenvolvemento dos nenos en ámbitos naturais. Un

deles constitúeno as denominadas ​“Escolas do Bosque” ​que poñen en valor o

poder da ​actividade na natureza como o motor do desenvolvemento e a

aprendizaxe. Unha inicativa destacada neste marco constitúea “The Secret Garden

Outdoor Nursery”, fundada en 2004 por Cathy Bache en Escocia e que foi galardoada

co premio Play Scotland Achievement Award por mellor práctica en acción. A filosofía

desta maestra aséntase en tres piares básicos cuxa interacción é necesaria para

acadar o equilibrio: ​a natureza, o xogo e a presenza do adulto​.

Outro

modelo educativo que está a ter unha grande presenza a nivel

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

15

internacional son as “​escolas Waldorf”​, baseadas nos principios do filósofo Rudolf

Steiner. Entre as súas premisas atópase a interacción coa natureza como método

para ofrecer ós nenos e nenas un aprendizaxe auténtico, positivo e dinámico e

destaca que na primeira infancia estanse a desenvolver de xeito óptimo todas as

funcións vitais sensoriais, polo que o xogo libre e creativo vai a resultar fundamental.

Entre os testemuños que abogan por unha formación integral no medio natural

destacan, aportacións como as de Heike Freire ​que na súa obra “Educar en verde”

(2011) nos di que a natureza é o noso hábitat e o xogo a ferramenta que estimula o

desenvolvemento nos seus múltiples niveis. Neste senso, como ela mesma recalca,

hai investigacións e autores que defenden que o cerebro do ser humano se

desenvolveu como tal porque xogamos, atribuíndolle ao ​xogo o papel de motor do

desenvolvemento e, polo tanto, da especificidade da humanidade. Así mesmo tamén

defende que “​na primeira infancia, debemos apoiar a tendencia innata dos nenos e

nenas á empatía cos demais seres vivos”.

O escritor e educador ambiental estadounidense ​Richard Louv na súa obra “El

último niño en los bosques” (2005) pon o acento nun conxunto de doenzas infantís

“modernas” que acuña co nome de “​Trastorno por déficit de natureza​”, non ca

intención de crear unha nova categoría diagnóstica, senón ca de alertar sobre os

perigos dunha crianza e unha educación excesivamente artificiais e urbanas.

Pero estas consideracións non forman parte unicamente dunha corrente actual,

xa fai mais dun século atopabámolas na orixe da Escola Nova ​que supuxo unha

apertura a contextualizar a educación en plena natureza como maneira de contribuír á

formación integral e afectiva do individuo. Os seus representantes impulsaron de

forma decisiva o desenvolvemento da pedagoxía ambiental. ​Ferrière recomendaba

nun dos trinta puntos da escola activa que esta se sitúe no campo por constituír o

medio natural do neno. A proposta de Tolstoi na súa escola ​yasnaia poliana preconiza

un total illamento do alumnado na natureza. No seo deste movemento destaca ​Ovide

Decroly que propugnaba, seguindo a estela rousseauniana, “unha educación para a

vida e pola vida”, e defendía o medio natural e os materias que nel atopamos como o

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

16

que ofrece mellores estímulos educativos, destacando catro eixes esenciais a tratar

no proceso educativo: o ser vivo en xeral, o home en particular, a natureza e a

sociedade.

Mais tarde xorden as ​escolas ​plein air en Francia, as ​open air schools en

Inglaterra ou as escolas municipais ó aire libre de Barcelona, que combinan as

vantaxes do entorno natural co coñecemento do medio urbano. A relación da escola

coa vida, defendida polo pedagogo ​Freinet​, é un signo de identidade común a todos

os proxectos innovadores.

Con este pequeno proxecto queremos aportar o noso gran de area para levar

un pouco deste espírito a unha escola e a unha situación reais, adaptándonos ao

contorno e ás circunstancias que o afectan.

6. Descrición da proposta de intervención

6.1. Descrición do deseño da intervención

Á hora de deseñar as liñas metodolóxicas a seguir partiremos dos principios

establecidos a nivel curricular que nos indican que a metodoloxía empregada vai a ser

globalizada e favorecerá ao mesmo tempo aspectos como a socialización, a

individualización ou a democratización. Tomaremos como elemento clave do proceso

de ensino o xogo libre e autónomo e favorecemos a creación dun clima de confianza

e afecto cas crianzas que establecerá un ambiente propicio para a actividade e o

descubrimento.

A proposta vai a ser global porque en torno a un fío temático, “a natureza e os

seres que a habitan”, procuraremos traballar todos os aspectos do desenvolvemento

(motricidade, socialización e linguaxe, cognitivo, sensorial, afectivo...) e uns

coñecementos iranse enlazando con outros e cos previos que xa tiñan conforme

avancemos no proceso.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

17

A introdución nas experiencias da aula de seres vivos vai a favorecer, ademais

de ampliar as nocións que xa tiñan sobre eles e espertar a súa curiosidade, o fomento

de actitudes de respecto ó seu benestar e responsabilidade en canto aos coidados,

así como a oportunidade para introducir valores acordes coa conservación do medio

ambiente.

A centralidade do xogo como ferramenta metodolóxica nestas idades resulta

fundamental dado que se trata de unha actividade natural e adaptada ao

desenvolvemento das crianzas. Nas actividades que se realizan con elementos

naturais procuramos que sexan representativos do contido que introducimos, que se

trate de material pouco estruturado que dé cabida á creatividade, que conte con

elementos cotiás que fomenten a exploración e o descubrimento e que a cantidade de

elementos sexa suficiente, adaptándose ao número de nenos/as. Para que o xogo

resulte formativo e desenvolva condutas e actitudes positivas procurarase a

adaptación aos ritmos individuais de cada cativo/a, que favoreza a actividade libre,

que permita orientar pero que non sexa totalmente dirixido, que favoreza a interacción

e a cooperación e que dea cabida á acción libre das crianzas.

En canto ás actividades que engaden partes dirixidas, contarán tamén co

incentivo da realización de tarefas adultas e a manipulación de útiles, que sempre

supoñen un estímulo para os mais cativos. Trátase de actividades realizadas en torno

ás plantas e que darán cabida á observación directa por parte do alumnado no día a

día do proceso vital de crecemento e as transformacións ás que da lugar.

A presenza de dúas educadoras na aula vai a supoñer unha fortaleza na

consecución do ambiente tranquilo que pretendemos acadar e vai a repercutir tamén

favorablemente na atención e observación individualizada das crianzas.

O esquema de traballo que imos a levar a cabo vaise a centrar no

establecemento de tres momentos principais para a súa posta en práctica: un

primeiro momento de introdución-presentación da actividade, no que ademais de

comentar ós nenos o que imos a facer, aproveitaremos tamén para ir establecendo

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

18

relacións co traballado anteriormente; un segundo momento para a realización da

actividade, coa flexibilidade horaria que consideremos en función do interese do

alumnado, deixando maior marxe a aqueles que están enfrascados na actividade ou

ampliando e acurtando os tempos en función do interese; por último, un terceiro

momento que dedicaremos á recollida do material coa colaboración dos cativos e a

un tempo para o diálogo que nos axudará para avaliar a motivación e a interese que

suscitou a actividade ademais de potenciar a expresión e a comunicación de ideas,

pensamentos, sentimentos etc.

A inclusión das familias, dado que nos atopamos nun momento no que non é

posible establecer un contacto directo, realízase a través do intercambio de

información relativa ás actividades na aula pola vía adoptada pola escola para a

comunicación con eles, o cal se ven facendo vía e-mail para o conxunto da clase.

Queremos deixar constancia que debido á situación na que nos atopamos,

antes de cada actividade se leva a cabo a total desinfección de todo o material que se

emprega para realizala, en acatamento da normativa e como medida para minimizar o

risco para a saúde.

6.2. Deseño da secuencia de actividades

En base ás características dos destinatarios da nosa proposta, así como á

contemplación das liñas metodolóxicas que a guían xa especificadas, deseñamos

unha serie de actividades que se concretan a continuación.

Todas elas xiran en torno ó mundo natural e os seres vivos que o habitan como

eixe que as conecta, pero dentro deste “todo” diferenciamos dous bloques. Un

primeiro bloque que dedicaremos ó coñecemento do medio terrestre e un segundo

bloque dedicado ó coñecemento do medio acuático e marítimo, dando cabida a dúas

realidades que forman parte do seu contorno próximo. Dentro de cada un destes

bloques veremos, á súa vez, seres vivos e algúns elementos naturais propios deste

hábitat.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

19

A secuenciación das mesmas organízase coa intencionalidade de establecer

conexións e relacións entre as distintas partes que conforman a mesma realidade.

Deste xeito, partimos do coñecemento da vida terrestre debido a que os

nenos/as da aula realizaron recentemente unha actividade de exploración de

elementos propios deste bloque relacionados co outono da súa contorna e

aproveitamos esta circunstancia para enlazar o inicio da intervención con este fío

temático. Ademais tamén procuramos que as actividades relativas ás plantas se

sitúen ao inicio debido a que isto permitiranos facer un seguimento coas crianzas da

progresión do crecemento das sementes. Dentro dos respectivos bloques, as

actividades dedicadas ao mundo animal sitúanse próximas no tempo unha de outra

para que así os nenos/as poidan conectar a información recibida e establecer as

diferenzas entre os dous animais de diferentes hábitats, traballando á vez o respecto

ós mesmos e ás súas particularidades.

A pesar de que algunhas actividades contan con unha parte dirixida, procurase

en todas propiciar a ​libre exploración cos materiais propios de cada unha,

introducindo un tempo para que os toquen e manipulen e poidan xogar con eles

libremente.

A incorporación das familias vaise a levar a cabo contactando con eles/as na

fase final da execución das actividades, co obxecto de explicar o que estivemos a

facer na aula e con que obxectivo, para o cal deseñamos unha carta explicativa

(Anexo 2). Tamén trataremos de introducir algunha suxestión relativa a saídas que

poden realizar cos nenos/as para ampliar o traballado no centro, convidándoos a que

compartan con nós estas experiencias a través de fotografías que comentaríamos na

asemblea para aproveitar a ocasión para conectar ambas experiencias, as vividas na

escola e as vividas en familia e formentar deste xeito a expresión e a comunicación

grupal.

A continuación expoñemos unha táboa explicativa de cada actividade:

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

20

Actividade

“Plantamos!”

Descrición da

actividade

Plantamos sementes en vasos con algodón para observar o

proceso de xerminación (Figura 3)

Destinatarios

Nenos e nenas de 2-3 (nados na primeira metade do ano).

Espazos O espazo-aula e dentro del o espazo central diáfano,

empregando a mesa para a colocación e manipulación do

material.

Temporalización

A continuación da asemblea matinal de benvida.

Duración aproximada de 20 minutos, variable en función da

interese suscitada.

Seguimento diario durante unha semana, establecendo uns

minutos para observar os progresos.

Obxectivos

_ Descubrir o proceso de xerminación de sementes.

_ Mellorar a motricidade fina durante a manipulación.

_ Experimentar cos materiais da actividade.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

21

Estratexias

metodolóxicas

Presentamos o material con unha exemplificación do que

imos a facer e con que obxecto. A continuación execútase a

plantación de sementes, apoiando ó alumnado no que precise

para a súa elaboración, deixando opción á decoración e

persoalización do vaso con gomets. Finalmente deixarase un

tempo para a exploración e xogo libre cas sementes e o

algodón.

Recursos

humanos e

materiais

_ Humanos: unha de nós coa colaboración da educadora do

grupo de nenos/as.

_ Materiais: 2 paquetes de algodón, un paquete de

garabanzos e outro de lentellas, 22 vasos de plástico, unha

xerra para a auga e gomets verdes.

Táboa 3: actividade nº 1

Actividade

“Transplantamos!”

Descrición

Transplantamos as sementes do vaso a un maceteiro xunto

con outras sementes (perixel) para ver como medran e nos

aportan os seus froitos (Figura 4).

Destinatarios

Nenos e nenas de 2-3 (nados na primeira metade do ano).

Espazos

O patio exterior contiguo á aula

Temporalización

Ó remate da asemblea matinal de benvida

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

22

Duración aproximada de 30 minutos, variable en función da

interese suscitada para a sesión de plantación. O coidado e

seguimento farase dúas veces por semana durante un mes

aproximadamente.

Obxectivos

_ ​Observar o proceso de crecemento das plantas, dialogando

sobre o él.

_ Manipular útiles, imitando as tarefas adultas.

_ Respetar as plantas como seres vivos e implicarse no seu

coidado.

_ Compartir coas comunidade escolar os froitos obtidos.

Estratexias

metodolóxicas

Previa colocación do maceteiro no patio, conducimos aos

nenos e nenas ao patio, levando cada un o seu vaso.

Enchemos o maceteiro de terra, e en pequenos grupos os

alumnos colocan a súa planta na terra e sementes de perixel.

Os que agardan xogan libremente no patio durante a espera.

Posteriormente á sesión facemos o seguimento do proceso de

crecemento das plantas, ofrecéndolle coidado e dialogando

sobre o proceso, descubrindo algunhas características

sensoriais e vitais. Finalmente procederase á recollida de

froitos e ramas que compartiremos co cociñeiro da escola para

que poida empregalas.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

23

Recursos

humanos e

materiais

Humanos: unha de nós, coa colaboración da educadora do

grupo de nenos/as. Unha persoa para o transporte previo do

maceteiro.

Materiais: maceteiro (fabricado con material reciclado), saco

de terra, sementes, útiles de xardinería (pala e regadeira).

Táboa 4: actividade nº2

Actividade

“O Caracol Paco”

Descrición

Os caracois visitan a aula, coñecemos algunhas curiosidades

sobre eles e observamolos con distintos soportes ópticos

(Figura 5).

Destinatarios

Nenos e nenas de 2-3 (nados na primeira metade do ano).

Espazos

A aula da clase e, dentro dela, o espazo de alfombra e a mesa

de apoio para a exploración

Temporalización

Ó remate da asemblea matinal de benvida

Duración aproximada de 20 minutos, dependendo da interese

suscitada

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

24

Obxectivos

específicos

_ Coñecer algunhas características dos caracois

_ Experimentar cos efectos opticos da cor e o aumento de

tamaño

_ Respectar os animais da contorna e o seu hábitat

Estratexias

metodolóxicas

Introducción á visita do caracol Paco na alfombra a través do

conto con imaxes reais acerca dalgunhas curiosidades sobre

estes animais con conversa acerca de como temos que tratalos

para que se sintan ben e non se danen ou asusten.

Presentación dos caracois con follas de leituga e achegamento

de material para a exploración (lupas, cilindros de cores),

deixando liberdade de acción para que eles as crianzas

decidan sobre o seu uso.

Recursos

humanos e

materiais

necesarios

Humanos: unha integrante do grupo do proxecto coa

colaboración da educadora do grupo de nenos/as.

Materiais: caracois, leituga, cilindros de cores (con papel

celofán), tuppers, conto (confeccionado por nós).

​ Táboa 5: actividade nº 3

Actividade

“O Peixe Pepe”

Descrición

Un peixe ven á aula, coñecemos algunhas das súas

características e​ ​decoramos unha réplica do seu hábitat natural

(Figuras 6 e 7).

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

25

Destinatarios

Nenos e nenas de 2-3 (nados na primeira metade do ano).

Espazos

A aula, en concreto as zonas de alfombra e a mesa do espazo

diáfano central.

Temporalización

Ó remate da asemblea matinal de benvida

Duración aproximada 40 minutos, dependendo da interese

susciatada.

Obxectivos

_ Descubrir algunhas características do peixe e o seu habitat.

_ Fomentar unha actitude respectuosa co peixe como ser vivo.

_ Estimular a creatividade recreando libremente o hábitat do

peixe cos materiais facilitados

_ Identificar a area, cunchas e pedras como elementos propios

do mar

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

26

Estratexias

metodolóxicas

Introdución á visita do peixe Pepe través do conto con imaxes

reais acerca dalgunhas particularidades dos peixes, incluindo

unha conversa acerca de como temos que tratar ao peixe que

vai a vir á aula para que non se asuste e se sinta ben acollido.

Posteriormente procedemos á presentación do peixe Pepe,

trasvasandoo a unha peixeira para que os nenos o vexan e

conversamos sobre o animal (establecendo conexión coa

actividade dos caracois, diferenciando os hábitats).

Finalizamos coa libre decoración por parte dos nenos dunha

réplica do hábitat do peixe co material que lles facilitamos, que

quedará na aula como evocación da vivencia con Pepe.

Recursos

humanos e

materiais

necesarios

Humanos: unha integrante do grupo do proxecto coa

colaboración da educadora do grupo de nenos/as.

Materiais: peixe e peixeira, rede para transvasar ao peixe,

area, cunchas, pedras da praia, estrelas de mar, caixa de

cartón, cartolina azul, folios, ceras de cores e gomets azuis.

​ Táboa 6: actividade nº 4

Actividade

“Remexemos!”

Descrición

Xogo libre con area e exploración con elementos cotiás (Figura

8).

Destinatarios

Nenos e nenas de 2-3 (nados na primeira metade do ano).

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

27

Espazos

O espazo-aula e dentro del o espazo central diáfano

Temporalización

A continuación da asemblea matinal de benvida

Duración aproximada: 40 minutos, dependendo da interese das

crianzas.

Obxectivos

_ Explorar espontáneamente con útiles cotiás

_ Empregar cuantificadores e medidas no transvase de area

_ Amosar interese pola experimentación e satisfacción ante o

descubremento

Estratexias

metodolóxicas

Antes de dar comezo á sesión dispoñemos a area en sete

baldes formando un círculo, para que todos poidan acceder

fácilmente, deixandoo o centro da circunferencia para a

exposición de materiais de uso cotián, con catro ou cinco

exemplares de cada tipo aproximadamente (coadores, botes,

embudes, cunchas…). Deixamos que as crianzas se acheguen

aos materiais e xoguen libremente con eles, favorecendo a

exploración e o descubrimento.

Recursos

humanos e

materiais

necesarios

Humanos: unha integrante do grupo do proxecto coa

colaboración da educadora do grupo de nenos/as.

Materiais: un saco de area, cunchas, pedras da praia, botes,

pinceis, brochas, coadores, embudes, recipientes de plástico e

metal, baldes de plástico).

​ Táboa 7: actividade nº 5

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

28

​ ​ Figura 3: “Plantamos”

Figura 4: “Transplantamos”

​ Figura 5: “O caracol Paco”

Figura 6: “O peixe Pepe”

Figura 7: “O peixe Pepe”

Figura 8: “Remexemos”

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

29

6.3. Descrición do proceso de avaliación

O principal instrumento avaliativo que imos a utilizar é a observación directa.

Esta técnica, de por sí relavante no ámbito da educación infantil, permítenos atender

ás múltiples dimensións do desenvolvemento das crianzas tales como identificar os

seus intereses e preferencias ou as dificultades e distintos ritmos de aprendizaxe.

Dita observación levarase a cabo de maneira sitemática de xeito que poida

deixar constancia do desenvolvemento do conxunto do proceso de intervención e

poida conducir á posterior reflexión e valoración dos datos obtidos co fin de poder

completalo con propostas de mellora.

Para acadar esta finalidade complementaránse técnicas narrativase e

descriptivas con outras mais estandarizadas, de xeito que esta combinación nos

conduza á obtención de resultados verdadeiramente significativos. Un elemento

fundamental para acadalo van a ser os indicadores, que ademais de adaptados ós

obxectivos, deberán de presentar outras propiedades como a validez e a fiabilidade.

As técnicas seleccionadas serán concretamente o ​diario ​(Anexo 3), específico

para a intervención, que dará lugar á recollida de xeito narrativo dos acontecementos

mais significativos que teñan lugar en cada sesión. Esta información

complementarase co emprego dunha ​escala de estimación (Anexo 4) onde en base

ós indicadores establecidos se concretarán os resultados acadados con cada neno/a

no que respecta á consecución dos obxectivos iniciais a acadar.

Ademais da avaliación dos progresos das crianzas as educadoras imos a

avaliar tamén o propio proceso de ensino, deixando constancia a través da

cumprimentación dunha ​lista de control (Anexo 5) de resposta pechada (si/non)

acerca da consecución dos criterios estabrecidos en torno á adecuación da proposta

educativa e da nosa propia labor como educadoras. Será un momento para

comprobar se os distintos elementos da proposta, como as actividades, os recursos,

os tempos, a intervención educativa...fornon os axeitados e perfilar e mellorala para o

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

30

futuro. O feito de que a presente intervención se enmarca nunha proba piloto fai se

cabe mais relevante esta dimensión, xa que podemos aportar as claves para

optimizala para a súa continuidade inmediata. Se ben os resultados acadados neste

breve período non van a ser tan concluíntes, sí poden servirnos á hora de solventar

erros iniciais e darnos unha perspectiva mais completa da adecuación práctica da

proposta deseñada.

O emprego da fotografía terá, ademais de unha función documental do

proceso que servirá para trasladar ás familias o vivenciado na escola, unha función

avaliativa, xa que este soporte visual vai a constituír un recurso para a evocación e a

análise a posteriori do realizado.

6.4. Actuacións en seguridade e prevención de riscos

Durante a preparación e execución das sesións prestouse en todo momento

atención á normativa e ás directrices que se nos facilitaron dende a escola, ademáis

de procurar en todo momento desenvolver as actividades evitando o risco e o perigo

para a saúde.

7. Descrición da posta en práctica e dos resultados acadados

Unha vez acordada a concepción inicial do proxecto e as liñas básicas do

deseño do mesmo contactamos coa dirección do centro para expoñerlle a nosa

proposta de levar a cabo unha intervención práctica co grupo dunha das aulas da

escola. A acollida foi favorable dende o inicio e as apreciacións que nos trasladaron

sobre a temática atopáronse en consoancia coas nosas. Debido a que ambalas dúas

integrantes do grupo rotan entre as diversas aulas no seu período de formación

optouse por aproveitar a estancia dunha delas na aula de 2-3 anos para a posta en

práctica da mesma, o cal nos conduciu a establecer para a proba piloto un período de

dúas semanas de aplicación. Tras obter a autorización puxémosnos en contacto coa

titora de aula e acordamos con ela a planificación (situándose na segunda e a terceira

semanas de novembro), xa que implicou modificacións na súa programación de aula.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

31

Co fin de establecer certa conexión coas actividades previas realizadas polos

nenos, optamos por situar o arranque da nosa intervención próxima a dunha

actividade de xogo libre con elementos naturais de outono (tales como anacos de

madeira, espigas e grans de millo…) levada a cabo pola titora.

A secuencia final das actividades distribúese situando os luns das dúas

semanas as actividades “Plantamos” e “Transplantamos”, xa que era preciso deixar

un período de unha semana para a xerminación das sementes, os mércores as

actividades cos animais (o primeiro para os caracois e o segundo para o peixe) e

concluíndo o último venres coa actividade libre con area. Deste xeito a secuencia

respetou os bloques de contidos e permitiu establecer conexións e continuidade entre

os distintos momentos.

A adquisición e preparación dos materiais iniciouse na semana anterior á

execución práctica e completouse durante a primeira semana de aplicación. Os

maiores obstáculos cos que nos atopamos foi a fabricación e transporte do maceteiro,

que solventamos grazas á implicación de familiares e amigos e á colaboración do

persoal de servizos auxiliares do centro. Deste xeito conseguimos que este elemento

fose fabricado integramente con material reciclado e que non nos supuxese un custo

adicional que elevaría considerablemente o asumido. Outro aspecto que foi necesario

abordar foi o da inclusión de seres vivos, cos caracois foi mais doado pero o peixe era

mais delicado. Por iso decidimos contactar con persoal especializdo no transporte

destes animais para que nos recomendase como levalo a cabo de xeito que o animal

non se vise afectado, o que dou lugar á preparación da auga o día anterior á

realización da actividade.

Un aspecto que foi especialmente coidado foi a desinfección total do material a

empregar en cada actividade, o cal se levou a cabo antes de comezar a xornada,

deixandoo preparado para ser empregado respetando o protocolo de actuación ante a

pandemia. Para aquelas actividades que ademais precisaron de limpeza e recollida,

como a da area, esta realizouse aproveitando o momento no que os nenos e nenas

eran conducidos ao comedor.

Da posta en práctica das actividades destacamos a interese e participación que

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

32

suscitaron entre os nenos e nenas, dun xeito especial as do segundo bloque, é dicir

as do “Peixe Pepe” e “Remexemos”. A interese por Pepe levounos a que visitase

tamén outras aulas e días despois da actividade seguían a preguntar e conversar

sobre o animal. A actividade da area alongouse durante mais tempo do establecido

polo enfrascados que estiveron explorando cos materiais, ós que incluso lle deron

usos mais alá dos transvases creando sons que algún chegou a identificar como

“música”. Tamén destacamos a curiosiade que lles espertou ir observando a

xerminación das sementes nos vasos o que nos permitiu reconfortarnos con mais de

unha cara de abraio.

Dicir tamén que algo que pensamos que iba a atraer a exploración como era o

feito de ter ocasión de manipular a terra que despois introducimos no maceteiro non

acadou tal resultado, xa que unha boa parte das crianzas amosaron certa reticencia a

tocala, seguramente debido ás escasas ocasións nas que teñen contacto con este

elemento.

Como imprevistos ao deseñado destacar o peche da aula unha semana

despois do remate da intervención debido ao COVID non permitiu facer o seguimento

da plantación do maceteiro tal e como estaba previsto, aínda que de seguro que á

volta lles vai a sorprender observar os progresos ocorridos na súa ausencia. Esta

circunsatancia tamén interrompeu a participación das familias tan só uns poucos días

despois de que nos comunicaramos con eles vía e-mail. Con respecto a isto destacar

que unha nai se puxo en contacto co centro para despois facelo con unha de nós para

transladarnos a ilusión coa que o seu fillo vivira algunha das actividades. Esperamos

que na volta á “normalidade” poidamos ter ocasión de avaliar mais polo miúdo este

aspecto da nosa intervención.

Para finalizar facer fincapé en que en termos xerais os elementos que

configuraron a nosa proposta de intervención (espazos, tempos, recursos,

secuenciación das actividades…) resultaron eficaces e axeitados á hora de traducirse

na práctica e que as crianzas se amosaron receptivas, participativas e interesadas, o

que supuxo para nós unha grande satisfacción. Á hora de introducir matices en base

ós resultados acadados de cara á súa continuidade, optariamos por darlle maior

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

33

protagonismo a actividades non dirixidas e de libre experimentación, como a de

“Remexemos”, dado o éxito co que contou e que foi unha única actividade deste tipo.

Como conclusión final dicir que sí é posible traballar a natureza dende a aula, aínda

que non debería de sustituír a saída ao exterior mais que en situacións excepcionais

pero si podería complementalas e enriquecer os procesos de desenvolvemento e

aprendizaxe. A naturalización deste espazo-aula onde discorre a xornada diaria das

crianzas e o contacto cos elementos e os seres da natureza supoñen de por sí un

estímulo que só pode resultar, cando menos, beneficioso.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

34

8. ​Bibliografía

_ CARBONELL SEBARROJA, J. (2019). Pedagogías del siglo XXI. Alternativas

para la innovación educativa. Editorial Octaedro.

_ CLOUDER C., RAWSON M., (2015). Educación Waldorf. Editorial Rudolf

Steiner.

_ FREIRE, H. (2013). Educar en verde. Editorial Graó.

_ TONUCCI, F. (2015). La ciudad de los niños. Editorial Graó.

_ LOUV, R. (2018). Los últimos niños en el bosque. Capitán Swing.

_ L´ECUYER, C.. (2013). Educar en el asombro. Plataforma editorial.

_ CARSON,R., (2012). El sentido del asombro. Editorial Encuentro.

​ Webs:

Artigo sobre a experiencia da visita da fundadora de In Natura a Secret Garden

Outdoor Nursery en Escocia ​ [consultado o 27 de outubro de 2020].Dispoñible en:

The-Secret-Garden.pdf (escuelainnatura.com)

Entrevista a Francesco Tonucci.​ ​Naturaliza. Ecoembes​. [consultado o 28 de

outubro de 2020].Dispoñible en:

«Si los niños no viven la experiencia del descubrimiento y la aventura, tampoco

conocen la naturaleza» - Ecoembes (naturalizaeducacion.org)

Entrevista a Richard Louv.​ ​Naturaliza. Ecoembes​. [consultado o 28 de outubro de

2020].Dispoñible en:

Richard Louv, entrevista | Naturaliza (naturalizaeducacion.org)

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

35

Constitución Española.​ Boletín Oficial del Estado, 29 de diciembre de 1978, núm.

311, pp. 29313 a 29424 [consultado o 29 de outubro de 2020]. Dispoñible en:

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1978-31229

Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación.​ Boletín Oficial do Estado, 4 de

maio de 2006, núm. 106, pp.17158 a 17207 [consultado o 29 de outubro de 2020].

Dispoñible en:

https://www.boe.es/buscar/pdf/2006/BOE-A-2006-7899-consolidado.pdf

Ley Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

Boletín Oficial do Estado, de 10 de decembro de 2013, núm. 295, pp.97858 a 97921

[consultado o 29 de outubro de 2020]. Dispoñible en:

​https://www.boe.es/eli/es/lo/2013/12/09/8/con

Decreto 330/2009, de 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación

infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.​ Diario Oficial de Galicia, 23 de xuño

de 2009, núm. 121, pp. 10773 a 10799 [consultado o 29 de outubro de 2020].

Dispoñible en:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2009/20090623/Anuncio24C76_gl.pdf

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

36

9.​ ​Anexos

Anexo 1: Carta remitida pola dirección da Escola Infantil Carmen Cervigón

acerca do Proxecto.

Cuando Cris y Conchi nos propusieron elaborar un proyecto para acercar la

naturaleza al aula nos pareció muy buena idea. Desde la escuela estamos muy

receptivas a proyectos que nos puedan traer las personas de prácticas, porque

consideramos que es un buen momento de aprendizaje mutuo, en la que nosotras

nos enriquecemos de sus conocimientos actualizados y ellas tienen la posibilidad de

poner en práctica la teoría que han visto durante meses.

El proyecto “COVID: a natureza vai á aula” estaba formado por una serie de

actividades con la naturaleza como hilo conductor. En todas ellas la experimentación

con elementos naturales y la observación de los distintos procesos que se dan en la

naturaleza fue una constante. Supieron darle significado a cada una de las

actividades que realizaban y partir de las experiencias vividas por los niños

anteriormente para ir un paso más allá.

Nos pareció muy interesante el hecho de traer al aula seres vivos como caracoles y

un pez, y apoyar la actividad en cuentos, algo con lo que los niños y niñas están muy

familiarizados. Trabajaron con ellos el respeto y cuidado a los seres vivos por muy

pequeños e insignificantes que parezcan, aprendizajes que se pueden extrapolar a

otros aspectos de la vida.

Aportaron material a la escuela, entre el que está un macetero construido con madera

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

37

reciclada, que colocamos en el patio para que los niños puedan ver crecer las

semillas y en el futuro plantar más cosas o incluso realizar otro tipo de experiencias

Me parece importante resaltar que una vez finalizado el proyecto elaboraron una carta

para enviar a las familias, en ella les explicaban todo lo que habían hecho y les daban

sugerencias de actividades que podían hacer con sus hijos en su tiempo libre para

seguir disfrutando de la naturaleza. Con esta sencilla comunicación se trabaja la

conexión de la familia y la escuela y se los involucra en las actividades que realizan

sus hijos, fomentando la “presencia” de las familias en la escuela, en unos tiempos en

los que la presencia física está tan restringida.

Por parte de la escuela nos sentimos muy agradecidas de que hayan realizado aquí

este proyecto, ya que ha servido para enriquecer nuestra programación y el día a día

de los niños y niñas.

Almudena Carro Seijo

Directora Escuela Infantil Carmen Cervigón

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

38

Anexo 2: Carta remitida ás familias sobre a intervención realizada.

Ola familias!

Somos un grupo de alumnas en prácticas que levamos a cabo o noso proxecto

“​COVID: ​a natureza vai a aula​” ​na vosa casa, a Escola Carmen Cervigón. É un

proxecto que ten como obxectivo achegar aos nenos e nenas á natureza en tempos

de pandemia. Para elo contamos coa colaboración de todo o equipo que a forma e,

por suposto, coa mais importante... os vosos fillos e fillas, que agardamos que o

desfrutaran tanto como o fixemos nós.

Queremos compartir con vos esta experiencia e por iso decidimos

amosarvos as actividades levadas a cabo e ao mesmo tempo achegarvos algunha

que outra suxestión por se vos apetece amplialas coas vosas crianzas.

Comezamos a nosa aventura observando o proceso de xerminación de

sementes! Introduciron lentellas, garavanzos e auga nun vaso de plástico con

algodón e, pasados un días... comezaron a xerminar, podendo observar todo o

proceso desde a propia aula.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

39

Uns días mais tarde transplantámolas todas nun maceteiro para seguir

observando o seu crecemento día a día... ata que poidamos recoller os seus froitos!

Invitámosvos a ir de visita as diferentes hortas urbanas de cidade, como

por exemplo a que hai na Torre de Hércules, a de Agra do Orzán...

Outro día observamos caracois e Paco, o caracol do conto, compartiu con

eles algunhas curiosidades acerca das súas preferencias e características.

Votámoslle leituga para comer... ademais de observalos con lupas e diferentes

filtros de cores!

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

40

Podedes aproveitar calquera saída en familia ao campo ou aos parques da

cidade para observalos a eles e a outros pequenos animaliños cos que comparten

hábitat.

E da vida terrestre pasamos á acuática para coñecer ao peixe Pepe. Él veu

de visita á nosa aula onde o agardaba unha peixeira preparada para acollelo e no

transvase vimos o rápidos e escurridizos que son os peixes! Pepe o igual que Paco

veu acompañado de un conto co que nos amosou algunhas peculiaridades sobre él e

os seus amigos que viven na auga.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

41

Despois, entre todos, fixemos unha réplica da vida mariña, onde, por

suposto, colocamos ao peixe Pepe.

E como rematada a visita seguiámonos a interesar por él...vimos fotos da

casiña real que Pepe comparte coa súa amiga Perla.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

42

Sería un bo momento para ir a visitar cos vosos peques o Aquarium

Finisterrae, que agora saben que os golpes nas peixeiras asustan moito a estes

animais. Ou ir a pasear ao parque de Eirís, que ten un estanque onde podemos

observar peixes e tartarugas.

E coa derradeira actividade chegamos ao final do noso proxecto...

Con area lavada de río e algúns elementos mariños e utensilios cotiáns...

experimentamos un montón. E as educadoras aprendemos que da igual que poñamos

a area en sete recipientes para que así non estean apertados, porque ós cinco

minutos literais toda estará polo chan, cousa que para eles foi de gran

satisfacción, así era mais doado facer pequenas montañas e poder remexer

libremente.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

43

Mesmo con un coador e un tupper pequeno podedes ir a calquera praia e de

seguro que se amosarán absortos/as nos seus descubrimentos.

.

Esta praia e a do “Reloxeiro” en Barrañán, pertencente ao Concello de

Arteixo. Como vedes é toda de pedras de distintas formas e tamaños, ademais de

ser moi gratificante xogar a tiralas ao mar.

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

44

Se vos animades a explorar cos vosos cativos/as e queredes compartilo coa

escola, podedes enviarnos algunha foto dos vosos momentos en familia e así o

teremos ocasión de falar acerca destas experiencias na nosa asemblea de aula.

Agardamos que o amosado fora de voso agrado, para nós foi un gran pracer

compartir tantos e tan bos momentos cos vosos fillos e fillas.

Un saúdo e unha aperta!

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

45

Anexo 3: Diario para a recollida de información resultado da observación

directa.

Data:

Observacións:

Anexo 4: Escala de estimación para avaliar os progresos de cada neno/a.

Nome Sempre Ás veces Xa o fará

Experimenta autonomamente cos

obxectos e materiais

Comprácelle participar en actividades

grupais

Expresa os seus pensamentos e

sensacións

Emprega o novo vocabulario adquirido

Pide o obxecto desexado correctamente

Confórmase con outro obxecto

Imita accións de outras crianzas

Imita accións do adulto

Asocia algúns animais co hábitat no que

viven

Amosa unha actitude respectuosa cos

seres vivos

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]


CIFP ÁNXEL CASAL- MONTEL ALTO

Decembro 2020

46

Observa activamente os procesos vitais

das plantas*

(*) Só para as actividades “Plantamos” e “Transplantamos”

Anexo 5: Lista de control para a avaliación do proceso de ensino.

A programación foi suficientemente

flexible

Os espazos empregados foron axeitados

SI NON Observacións

A temporalización programada foi

axeitada

As actividades resultaron motivadoras

Acadouse a implicación das familias

A canle establecida para a comunicación

coas familias foi axeitada

A comunicación educadoras-familias foi

suficiente

[Mourenza, C., Rodríguez, P. y Señarís, C., 2020​]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!