07.07.2020 Views

BOGA 2020

GUÍA BOGA es la publicación oficial de la Eusko Label Liga y la Euskotren Liga, la máxima competición del mundo del remo, organizada por la Asociación de Clubes de Traineras (ACT).

GUÍA BOGA es la publicación oficial de la Eusko Label Liga y la Euskotren Liga, la máxima competición del mundo del remo, organizada por la Asociación de Clubes de Traineras (ACT).

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Gabriel Pita (A Coruña, 1992) é un psicólogo deportivo que traballou varios anos co primeiro equipo e as categorías inferiores do

Deportivo da Coruña e este último ano estivo a colaborar co CR Ares no proxecto 'Juntos Invulnerables' no que se traballa cos máis

novos para lles inculcar os valores do deporte.

Cal é a principal función dun psicólogo deportivo dentro dun club?

A figura do psicólogo deportivo axuda á preparación dos deportistas. Igual que un preparador físico, un fisioterapeuta ou adestrador

táctico tratan de que o deportista consiga a súa plenitude de rendemento, un psicólogo trata tamén de que o deportista acade o seu máximo

potencial. Trátase de axudar a que os deportistas que teñen xa un bo rendemento, o optimicen ou melloren, e os que están a ter un

rendemento regular ou malo, volten conseguir o seu nivel habitual. A psicoloxía deportiva tamén pode aportar o seu granciño de area no

labor de prevención e recuperación de lesións.

Que aspectos psicolóxicos son importantes nun equipo deportivo?

Vai depender da modalidade. Mais hai unha serie de variábeis comúns para todos os deportes, como poden ser a motivación, o estrés ou

a autoconfianza. Téñense que traballar estes aspectos para que un deportista acade ese potencial de rendemento. O que muda, a depender

do deporte, é como se fai a aproximación a eses aspectos. Non é o mesmo traballar cun futbolista, con alguén que practica tiro con

arco ou cun remeiro.

Como é trabajar cun plantel de remo? Que peculiaridades ten este tipo de deportista frente o resto de deportes?

Para entender isto cómpre analisar que tipo de deporte é. No remo hai oposición, pero non directa. Quer dicir, compites con outros equipos

por facer o mellor tempo mais sen interacción, polo que cobra unha importancia especial conseguir optimizar o rendemento propio.

No remo dependo de min e do meu equipo. Polo que teño que me centrar en variábeis que podo controlar, como a activación, capacidade

de atención e concentración e a cohesión e comunicación do grupo. Isto último é moi importante para que todos vaian na mesma

dirección.

Como se pode traballar a xestión da vitoria e da derrota cun deportista?

Vai depender da idade e do ámbito. No mundo do deporte profesional, os que máis tempo levan e sobreviven son os que se adaptan, e

adaptarse refírese a aprender a perder. Cando un deportista sae a competir, a maioría das veces non gaña. Non sendo que esteas nun

equipo punteiro, terás que aprender a convivir coa derrota. Mais, como se aprende a convivir coa derrota? Centrándonos no rendemento

e non no resultado. O que hai que transmitir aos deportistas é que o que depende deles é conseguir o seu máximo rendemento, xa

sexa físico, táctico, técnico ou psicolóxico. O resultado pode ser unha consecuencia disto, mais non sempre. Pode ser que eu teña un rendemento

determinado, acade o meu máximo potencial, teña dado todo o posíbel para gañar e que veña outro que o fixo un chisco mellor

do que eu, e gañe. É algo que malia sendo moi básico, a miúdo os deportistas non entenden. No outro extremo, como convivir cunha vitoria

sabendo que o meu rendemento foi mediocre mais que o meu contrincante tivo un resultado peor por causa dunha lesión, un accidente…?

Para ambos os dous casos, o importante é incidir no rendemento propio e non no resultado.

Consideras que é importante a Psicoloxía no deporte infantil?

Considero, si, penso que é o momento no que se debe comezar con este tipo de traballo. Porque as crianzas teñen unha facilidade para

falaren sen ningún tipo de problema das dificultades que se poden atopar nunha situación competitiva, incluso van manifestar máis condutas,

de xeito indirecto, que nos poden facer ver que unha crianza está a sofrer un episodio de estrés durante a competición, non se está

a atopar ben con respecto ao seu rendemento… Se familiarizamos o deportista a trabajar cun psicólogo deportivo a partir de idades temperás

como un técnico máis, ao igual que sabe que o adestrador táctico, o fisioterapeuta ou o preparador físico o axudarán co seu rendemento,

iso vaille servir para integralo como alguén máis dentro dese grupo de adestradores e que se elimine ese pequeno tabú que existe

sobre a axuda psicolóxica. Para alén disto, a psicoloxía en idades temperás tamén ten un labor de educación. Cómpre ter claro que a

inmensa maioría das crianzas que practican deporte, non van chegar a profesionais desa disciplina. Hai que lles ensinar que o deporte é

un aspecto máis na súa vida e que non é o centro de todo.

Como cres que lles afectaron aos remeiros estes tres meses de adestramento na casa?

Os deportistas, a depender das ferramentas que tivesen a man, poderían manter a condición física durante estes meses. Agora ben, o rendemento

físico é vital para o rendemento deportivo, mais tamén vai depender da capacidade do deportista de aportar ese rendemento

físico nun contexto competitivo. Ao que considero que vai afectar máis esta situación de confinamento é á adaptación de novo ao contexto

da competición por parte dos remeiros.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!