10.05.2018 Views

Xente Con Oficio

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ENTE CON OFICIO

XXENTE CON OFICIO

ENTE CON OFICIO

XXENTE CON OFICIO

xénero

DIVULGATIVO

duración

25’ - 30’

nº de programas

13

público obxectivo

TODOS OS PÚBLICOS

emisión

SEMANAL

As costumes van cambiando, as novas

tecnoloxías inundan o noso día a día,

relegando ó esquecemento oficios que

noutro tempo foron esenciais. Moitos

deles perderon o seu posto na sociedade

substituídos por unha máquina ou a

causa dun sistema económico que lles

fixo imposible competir en prezos cos

que gañar o sustento.

Xente con oficio é un programa

dedicado ós homes e mulleres galegos

que traballaron arreo nun oficio ata

chegar á mesma perfección. Chegaron a

el, na maioría dos casos, ensinados polos

seus pais ou avós que vían no bo facer

dun oficio a maneira máis sinxela de

levar un sustento as súas familias. Agora

son eles os que transmiten con ilusión o

seu coñecemento a mozos e mozas, que

cunha perspectiva laboral incerta, ven

nos oficios dos seus antepasados unha

profesión de futuro.

Canteiros de Poio, oleiros de Buño,

ferreiros de Riotorto, palilleiras de

Camariñas, fiandeiras de Zas, panadeiros

de Cea, arrieiros de Maside, campaneiros

de Caldas, telleiros de O Rosal,

guarnicioneros de Maceda, tecedoras de

Parada, albarderos de Melide, redeiras de

Cangas... oficios de sempre que, moitos

deles, seguen tendo o seu espazo nos

tempos actuais.

Algúns destes oficios son tan vellos

como a humanidade. Hainos que

pasaron longos anos escuros e que

estiveron a piques de desaparecer para

logo volver a florecer e outros que

tristemente desapareceron. Pero aínda

queda en Galicia moita xente con oficio,

protagonistas de moitas lendas que

conforman as nosas tradicións.

A TRANSMISIÓN DO SABER

En Xente con oficio afondaremos nas

formas actuais de transmisión do

coñecemento que se imparte na

formación regrada, especializada ou

“gremial” (aprendiz, oficial, mestre). O

programa é unha homenaxe a esa

xente esforzada que serven de

testemuña viva dun pasado que nos

afianza e nos define como galegos.

Que son quen de ilusionar ós máis

novos, ós que transmiten as súas

destrezas e as súas vivencias, para que

continúen construíndo as súas vidas

arredor duns oficios que perduran, nos

seus lugares de orixe.

FORMATO

Xente con oficio achega ó espectador

dous puntos de vista diferentes dunha

mesma profesión, dunha mesma

paixón. Para iso, cruzará dúas historias,

a do profesional que dedicou toda

unha vida a un oficio e a da xente nova

que chega con forza e gana de tomar o

relevo.

Hai dous protagonistas, polo menos,

en cada episodio. Un representa o

pasado: o mestre, o que transmite.

Outro representa o futuro: o aprendiz.

Pero ambos son parte dun presente

que comparten nun lugar e nun

espazo de tempo determinados.

Visítase o obrador do experto, pero

tamén os centros de formación que

imparten oficios de toda a vida. Neles

coñecemos o seu funcionamento e

reflexionamos sobre que leva a un

rapaz de hoxe en día a enrolarse nun

oficio, en principio, máis propio do

pasado.

Unha montaxe paralela que contrasta

diferentes opinións sobre un mesmo

tema, que afonda no pasado para

acabar reflexionando sobre o futuro e

que remata unindo a dúas persoas que

xa estaban unidas de antes sen sabelo,

por unha mesma paixón.

ESTILO

Igual que os nosos protagonistas

exercen unha creatividade especial no

seu traballo diario, nós queremos

achegarnos coa montaxe a esa mesma

sensación de facer algo único.

Non queremos converter o programa

nunha reportaxe que a través de

recursos, bustos falantes e grafismos,

informa sobre un oficio, lonxe da

emoción.

En Xente con oficio queremos dar a

coñecer a profesión, a través dos ollos

dos protagonistas, afondando nas

historias humanas.

Os planos, a voz en off, as fotografías do

pasado, os encabalgamentos de voz

sobre imaxe sacados dos totais ós

protagonistas... todos os elementos

empregados en Xente con oficio teñen

que ter un sentido narrativo.

Cun idioma cinematográfico, pero sendo

conscientes dos ritmos televisivos,

queremos poñer a cada programa,

cando menos, a metade do amor que

esta xente ten pola súa profesión, polo

seu modo de vida.

PROGRAMAS

1. CARPINTEIROS DE RIBEIRA

Irmáns Garrido

/O Grove/

Centro de Formación A Eixola

/Marín/

4. TORNEIROS DE MADEIRA

CIFP A Xunqueira

Obradoiro Taxus, Vilamor

/A Coruña/

2. FERREIROS

5. LUTHIERS

Familia Villado

/Riotorto/

Obradoiro Jomaca

/Riotorto/

Obradoiro de Gaitas e Percusión JR

/Carballo/

Obradoiro de Gaitas Seivane

/Cambre/

3. CANTEIROS

Escola de Pontevedra

/Poio/

6. APICULTORES

David Corral. Mel de Anta

Asociación Galega de Apicultura

/Arzúa/

PROGRAMAS

7. ZOQUEIROS

10. PANADEIROS

Obradoiro de Alberto Geada

/Mondoñedo/

Obradoiro de Elena Ferro

/A Merza, Lalín/

Obradoiro “Pan da Moa”

/Santiago/

Obradoiro Panadería Germán

/Fisterra/

8. XARDINEIROS

11. REDEIRAS

CFEA, Guísamo

/Bergondo/

CMF A Cabreira

/Oleiros/

Federación de Redeiras “O Peirao”

/Malpica/

Asoc. Profesional de Redeiras “O Cerco”

/Cangas/

9. GAITEIROS

12. OLEIROS

Escola de Ortigueira

/Ortigueira/

Escola de Ourense

/Ourense/

Obradoiros Olería de Buño

/Malpica/

Obradoiro Agustín Vázquez

/Niñodaguía/

PROGRAMAS

13. VELERÍA

Centro de Formación A Eixola

/Marín/

Cadenote

/Sada/

Queremos contar como se exercen

hoxe en día estes oficios antigos; como

se aprenden, como se transmiten e

como se viven. Pero sobre todo,

queremos descubrir as historias,

sentimentos, vivencias, emocións,

anécdotas… que hai arredor dunha

vida enteira dedicada a un oficio. E

tamén, como non, as inquedanzas,

motivacións e esperanzas que a

xuventude pon nun oficio que, sendo

doutro tempo, está chamado a

perdurar no tempo.

ESCALETA

NÚMERO

DESCRICIÓN DURACIÓN ACUMULADO

1 PRECABECEIRA.

Arrincamos cun retrato da persoa con máis

experiencia sobre o oficio do que versa

o programa.

1’ 1’

2 CABECEIRA.

Aínda que tendo todas a mesma sintonía e

duración, queremos diferenciar os puntos

fortes de cada oficio personalizando a cabeceira.

30’’ 1’30’’

3 UBICACIÓN.

30’’ 2’

Planos coidados sitúan ó espectador no lugar

onde nos atopamos.

4 EXPERTO. Como empecei?

3’ 5’

Unha ollada ó pasado, usando fotos de arquivo

como recurso afondamos na historia persoal.

5 APRENDIZ. Motivación.

3’ 8’

A través da chegada ó centro do mozo e do

seguimento do seu día a día coñecemos as súas

motivacións para formarse neste oficio.

6 EXPERTO. En que consiste?

3 11’

Ninguén mellor para contarnos os segredos do

oficio que alguén que pasou media vida facéndoo.

7 APRENDIZ. Como se aprende?

3’ 14’

Entre o aprendiz e a visión dos profesores

coñecemos os métodos de ensinanza dos

profesionais do século XXI.

8 EXPERTO. Anécdota.

2’ 16’

Vivezas, anécdotas, emocións de toda unha vida

dedicada a un oficio na boca dos seus protagonistas.

E o momento do programa máis persoal, onde o

espectador empatiza e conecta ca historia.

9 ENCONTRO.

2’ 18’

O aprendiz chega ó taller do experto.

Charla entre eles.

10 TRABALLO EN EQUIPO.

3’ 21’

Este proceso serve como escusa para reflexionar

sobre un mesmo oficio dende dúas visións diferentes.

Experiencia vs Innovación. Pode ser unha peza

completa, unha mellora ou unha parte do proceso.

11 CONSELLO.

1’30’’ 22’30’’

Tantos anos exercendo un mesmo oficio dan para

moito. O experto dálle un consello de vida o aprendiz.

12 EXPECTATIVAS.

1’30’’ 24’

Os que coñecen o sector dannos a súa visión de

futuro. Sempre buscamos terminar de forma moi

positiva.

13 PECHE.

1’ 25’

Celestino Hermida

650 484 130 · tino@areacinco.es

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!