10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O manuscrito, ó ser unha obra inédita e case descoñecida, non deixou pegadas nos diccionaristas

posteriores. A obra lexicográfica de Marcial Valladares segue a pauta propia da lexicografía

castelá de finais do século XIX e á vez presenta certas características que o diferencian

doutras obras contemporáneas: vocabulario pertencente ó galego vivo, marca do timbre

vocálico con precisión e con coherencia, presencia de termos comúns ó castelán, ausencia de

afán normativista, profusión de exemplos autorizando o lema, orixe dalgunhas palabras....

Comete os erros típicos dos diccionarios do momento, como a inclusión de nomes propios, de

formas marcadas como femininos, plurais... A separación de acepcións e de palabras (pola

forma e nunca pola orixe) tampouco sería a correcta desde o punto de vista actual.

O labor lexicográfico de Marcial Valladares é realmente encomiable, non só en canto á

cantidade (máis de 13.000 voces recollidas) senón tamén no tocante á calidade: aplicaba criterios

na selección léxica e traballada con escrúpulo e con curiosidade. Adicou á lexicografía

unha boa parte da súa vida, ata que a saúde non lle permitiu seguir.

Por último, non quero deixar pasar esta oportunidade sen agradece-la colaboración de

todas aquelas persoas que dun xeito ou doutro participaron na edición do manuscrito, especialmente

ó ILG polas facilidades ofrecidas. Singularmente, cómpre lembra-la familia Ferreirós

que non permitiu que morrese a memoria de don Marcial Valladares.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!