10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

|9| Coas pantasmas pasean pola fraga botánica galega monstros pintorescos, verbas alleas,

mesturas, vulgarismos etc., todas co pasaporte de galeguidade expedido por autores respetables.

As eivas ortográficas do galego e as actuais loitas de normativas están presentes de cotío. Así

como os vellos autores non tiñan un regulamento ortográfico, os actuais semellan ter -cada un-

normativa de seu... os grafemas b e v son intercambiables, a acentuación errática, a formación do

plural voluntarista e o tratamento dos grupos consonánticos autodidácticos.

As escolas lusistas, enxebristas ou oficiais teñen no léxico botánico unha canteira inesgotable

de argumentos.

A nosa, e ignorante, opción é que ninguén se pode sentir avalado, os "apoios" que unha

normativa poida obter nun autor sobranceiro acádaos outra nun filólogo de prestixio.

Imos, paseniñamente, repasando algunhas curiosidades da nosa nomenclatura vernácula.

Nuns poucos casos sinalaremos cun * a solución -segundo nós- correcta.

Masculino ou feminino

Sexan as plantas, arbustos ou árbores é instintivo no home. Ninguén dubida que un eucalipto

é "macho" e unha faia arrecende a feminidade.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!