10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

otar man do tesouro e trafegar coel. A mesma Universidade ten que baixar ó labrego e

aprender del, sen manipulación. Descubrir os seus valores e beneficialos. É ben raro que, o que

o non zugou, poida falalo con propiedade; mais tamén é certo que, quen non se sacrifica en

adeprendelo, non é posible que o fale ben. Non chega co fervor, ben sospeitoso ás veces,

porque os "mestres" están a xurdir por onde quer. Se así fose, calquera peizoco francés podía

ser profesor de francés.

Un destes, de cuio nome non me lembro, nun xornal que xa me esqueceu, criticou

Frampas I acolléndose ó tópico de "gato por lebre". Prometera voces galegas inéditas, lugar de

recolleita e o seu valor; se lle sumei outras referencias -coido non estar vedado-, eso foi a

maiores. E como coido que é bo facelo, non mudei de xeito nesta nova "Contribución", con

perdón das marradas que se vexan: verba nova ou matiz novo, categoría, definición,

exemprarización, lugar de recolleita. Algunha vez certas relacions e tamén o étimo sospeitado,

con perigo de que a algán se lle faga anticanónico.

Outubro 1987

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!