10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

[7]

LIMIAR

No mes de abril de 1977 presentamos a "Contribución al Diccionario Gallego"

-FRAMPAS. Práceme hoxe poder presentar FRAMPAS II. O método de recolleita foi o mesmo;

as resultas análogas. Mágoa que moitos nin se den de conta do labor tan traballoso e pouco

retribuido, que fai imposibles publicacions destas. Non se trata de pasar material dunha a outra

folla, nin de maxinar unha novela, senón de andar camiño, importunar e ter paciencia; de cribar

e ás veces borrar. Dez anos con Frampas I e dez anos con Frampas II; satisfeito de ter xa

salvada unha boa xeira de voces.

O campo non está esgotado e compre darse presa; cada vello que nos deixa leva consigo

un tesouro, perdido. O non herdado é alleo. O mesmo compre facer coas formas de falar e

deixar de falar castelán en galego. Esa furia en falar galego como sexa, está erosionando de

todo a nosa fala, coma nunca na historia; ollai os medios de comunicación. Qué ten que ver

cumio con cume, a piques de con a punto de, pai con padre e un inventado Alariz con Allariz;

qué ten que ver o galego co castelán ou co esperanto inventado, ¡abortos dos nosos

devanceiros! Poucas cousas tan perniciosas coma a politización do que está sobre da política. E

para mor inri aínda lles axudan Caixas, Diputacions, Concellos.... e a mesma Universidade! O

galego vén de lonxe; non se inventa. Os nosos mestres están aí; ten o mérito incomparable de

ter sido os salvadores da alma do pobo galego: a fala. Para que veñan agora os aproveitados

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!