10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

pluma de pavo-rial no sombreiro. Na revista de Xaime Quintanilla i equipo de Castelao, Vilar

Ponte, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, en días de aspra loita do galeguismo, Don Eladio

leva unha sona de xornalista i escritor. Madurecen os eidos poéticos, os traspostos fondos de

amor, paisaxe, morte e resurrexit ben logo alumeados por o miragre prometido, sempre novo,

do arco da vella, no libro poético centroso de Don Eladio: Oraciós campesiñas.

Como na curta obra de Añón chama A pantasma, na do Dr. Barcia o Arco da vella, na

outa crasicidade e degoiros de Curros pra moitos leutores A Virxe do Cristal, na poesía de Don

Eladio a maina e lembradora música de Orballeiras ténse, no sentir xeneral, como a de ritmos,

lonxanías, evocaciós máis axeitadas pra esbroar a parede de senso común, ergueita entre as

figuranzas xornaleiras e o poético devalar do mundo, e donar a calquera unha vivencia do

senso poético das cousas... Nós temos dito, descendo do Carballiño por Pazos de Arenteiro,

pousando o ollar e as potencias acalmadas do esprito nos horizontes ben tecidos de videiras de

Beade, poemas de Oraciós campesiñas. I entón, e tamén no amparo de sombras rechouchiantes

de paxaros de noso xardín aldeán, a poesía do ademirado Don Eladio ordeábase na

semellanza, feitío requintado, maxinar ledo, xogo e mandado da morte, na gracia dos oficios,

na adicación senlleira das vidas, na recendente fartura de simbólicas colleitas maxinativas dun

retábulo barroco.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!