10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

áas de anxo que, doéndose de ser da Morte no lusco fusco dos poentes, levan e portan as almas

das nosas a un inmorrente alentar lembradoiro.

Don Eladio -pois inda non vello, a non procurada gravidade xenerosa do seu comportamento

díulle o don afeitoso- aplausado en moitos certarnes e rexas competiciós de Poesía,

como xa no 1886 e 87 en Betanzos i en Pontevedra, no 1891 ca poesía Desperta, no certame

de Tui, orgaizado por a Asociación Rexionalista, no 1924 cas Oraciós campesiñas na Festa da

Língoa Galega celebrada en Santiago de Compostela, fixo acodir os máis dos seus vieiros

poéticos ó xurdio e fermoso paisaxe do libro Oraciós campesiñas. Foron dinantes Folerpas,

1894, e Raza e Terra. Con amor i emoción acariñan as nosas mans, percorren os nosos ollos,

entramas ediciós.

Temos falado de vieiros. Toda fidalga e ispirada tarefa editorial, quer decir un vieiro

traballoso cara os outos cotos lumiosos. Vai, e as máis veces morre no érmo, entre sebes de

espranzas. Folerpas camiña no renque e teoría de lumes en pelerinaxe, gobernadas por o

grande vello Don [XIX] Andrés Martínez Salazar. Raza e Terra, semente i esquema de Orballeiras,

dá ton, co nome de un autor ben recibido na opinión, a Céltiga, sinxelo latexo en curtas

follas da frol da xuventude galega. Na biblioteca de Martínez Salazar, Eladio Rodríguez

González era un mociño chegado das aldeas da Avia, cun bimbio xogantín na man e unha

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!