10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

on e asisado conselleiro, pois ben logo se decatóu dos seus merecementos.

Pro istas Humanidades máis labregas do que librescas do Ribeiro, [XV] tiveron no

recordo súa frol e froitos no ambente ledo, novo, finamente tinxido de esprito galego e galeguista

da Cruña. Pra o rapaz, pra o mozo, foi un desembarco en ledos peiraos. Foi co tremelocir

das foulas, e o máxico oficiar da fouce de lus da torre de Breogán, o engado das Mariñas,

o ár fino, gaseoso, da rúa, o circo de poetas e discipros axuntado arredor do inmorredoiro

fogar aceso e mantido por o bardo Pondal, e o mestre da prosa e da evocación histórica, Murguía.

Lonxe no espazo, perto no corazón, a heroica chama de Curros, bautismado cruñés por a

coba eleita na beira do mar dos Artabros.

En ocasiós solenes, en conmemoraciós e discursos, Don Eladio díu fe falando dos

grandes, dos bos e xenerosos, da entrana de seixo e de doncel arelar do seu galeguismo.

Esprito sán, optimista, gardóu todo ó longo do seu vivir aquil mesmo raiolar de agradecido

sentimento, de ter sido acollido por a xenerosa lus e sociedade da Cruña. Cada mañán habíase

de lembrar do seu Ribeiro; pro o ser da Galiza, a roita da cultura e a poesía, confirmábase pra

o mozo, como despoixa pra o mestre exemplar ademirado e consagrado, na lus de ollar brumento

e mariñán da Cruña. E na Cruña, ledamente, ca seguranza, traballo e colleitas das

campías e do mar, foi collendo corpo sobre rexos alicerces a grande obra calada e silente.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!