10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Os nenos das aldeas saben moitas e belidas, e ás veces estranas e mitolóxicas, cousas.

Compren as súas mans técnicas antigas. Maxinamos ó neno engaiolado na beleza e no consello

da fala. Ela confirmaba e alumeaba o latín adeprendido en San Croyo. O latín non gosta

o mesmo adeprendido en terra de vendimas soadas. Outono e o primeiro inverno son ledos na

Ribeira, co culto e presenza de un numen central e raiolante, ás veces misterioso: o viño.

Descen os camiños co ulido e forteza da montana, e dende a Pena Corneira é emozoante enxergar

o Ribeiro na aba rexa das costas.

Algunhas ledizosas feituras do val, xa sóio son lembradas por os vellos. A xeneral

estaxe e arquiteitura das videiras, entre elas. Don Eladio vivíunas. Alentóu na doenza e no

adéus das viñas antergas. Todo arquiva a memoria dos nenos. Ben o saben os vellos dos tempos

de decaescenza e morte de antigas estroituras, e por iso gostan, pra venceren esquecimento

e morte, de falaren diante dos nenos. O Ribeiro dos vellos arrieiros, das familias antigas

do tempo dos antergos de Chao, e de contos e novelas de Doña Emilia Pardo Bazán, latexaba

inda con pulo na mocedade do noso poeta. Deixouse engaiolar, ledo e agradecido, na verba

vivente, tristeira, lonxe de trascendentalidade, de Lamas Carvaxal, o vate de semellantes,

ribeiras e bocarribeiras, e mestre da língoa salgada e prástica, endexamáis cansa nin prolixa do

antigo Ourense e dos seus arrabaldos. Lamas Carvaxal foi, pra o mociño Rodríguez González,

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!