10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

chisco de teoría nin antiga nin nova; non ofrece o máis cativo eixe a unha discusión nin xiquer

a unha afirmación teórica ou de principios. Cun limpo, piadoso e relixioso amor de fillo, Don

Eladio escuita a fala da súa nai, Galiza, de seus abós. Nin matina discutila, nin enxuiciala. Con

ouvila relixiosamente, abóndalle. Con fixar en silencio no papel a súa fartura, está ledo. Coida

valeiro e pecadento o día decorrido sin apañar unha verba, ou a sombra vagoenta de unha

verba espeitral. Acolle a fala como deita dos labres dos falantes. Respira e alenta na ledizosa e

soante atmósfera. Ó falar dinantes do moimento ademirabre do silencio, siñificado niste Diccionario,

sinalábamos a homildade e amorosa adicación do autor. As verbas durmen caladas.

Repousan nos seus niños. Algunhas, afeitas á liberdade dos ermos e da mar, cecáis se non

alcontren ben na prisión do gráfico contorno. Pro non é sistema de epitafios, nin adral romántico,

nin hai noción de contabilidade ou cencia. Por calquer folla, encetemos unha verba. En

voce maina, pronunciémola con unha miga de medo. Os bosques, as língoas, as xeneraciós,

son en tempos gostantes do sono. Máis ó prestarlle áas a unha, rebulen as outras. É un Diccionario

vivo. A súa colleita farta, a súa riqueza abraiante desexa millorar ós mais, e demanda

tamén ser acrescida.

Con respeto e amor de fillo, de monxe, foi compoñendo Don Eladio Rodríguez

González iste moimento. Tén, manda nil, algo semellante a un feitizo. Os poetas desenfeitizan

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!