10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

doce como concha ou pelouro, trunfa por a súa beleza das longas estaxes do esquecimento.

Puido o autor non escuitar somentes. Puido debullar con arte, amor, emoción, o froito

da palabra. Háinas que se franquean na herba mol, pé dos pomareiros outonizos. Peneira e

alambique houberan sido ben manexados por o autor. A frol da fariña, a augardente que fai

rosario das siñificanzas, aledarían o traballo e as horas vixiantes. En algunha das súas poesías,

os topónimos de antigas e fermosas resoanzas de entramos Ribeiros, compoñen de seu versos

fuxidíos e lumiosos, do ton das fidalgas viñas queimadas por o lume xiado do outono. Un

pobo enteiro, moitas vagas parroquias de cántigas, viaxeiras aves na paisaxe, agromares de

door, amor e lembranza nos beizos, ficaron pra sempre engaiolados no peito de silencio amantiño.

Ben terá loitado Don Eladio ca tentación, case ca obriga inteleitual, de pescudar seus

orixes e camiños. Unhas xermolaron en outaneiras torres, e desceron, xa roucas, ós emparrados

rueiros. Unhas aletexaron primeiramente nas aradas, nas pelerinaxes ós ispirados cotos,

nas vendimas, pra, por tempos, teceler nos ares, e cecáis pousar, recollidas e ditosas, nas roseiras

do xardin dos poetas.

O xeneroso sombreiro, ó Mistral, de Don Eladio, ergueríase con respeto e amor ó

descobrire nas ledas paxaradas, algún acorde ditoso ensaiado no impeitizo de amor e door de

Rosalía. E de fixo, o ensarillado en leviás e rexas palabras por a musa do pobo, aseguráballe a

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!