10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

[IX ] PRÓLOGO [de Ramón Otero Pedrayo]

Chego á soleira do Diccionario Galego de Don Eladio Rodríguez González, co sentimento

fondo e grave de calcar unha soleira sagra moito tempo maxinada. De poético tempro,

de carballeira sonorosa. Por a inmorrente presencia de un esprito baril, calmo, alentan pra

sempre os ámpidos eleitos, a frolesta endexamáis amuchada. Os gromos da primaveira da fala,

por nós agardan. E non rebulen tristeiras, sinón espertando belidas lembranzas, as follas outonizas

das verbas, o alento agasalleiro e humán mantedor dos antigos ritmos.

Didiante do orixinal do Diccionario, síntese o devalar de foula e vento da nosa língoa,

pro cecáis con meirande realidade o xermolar de unha calada i escura vida. O manuscrito de

Don Eladio, cala. A fermosa escritura de unha man rexa e honrada no albo papel, é un moimento

impresoante de silencio. Por isa albura de abedoeira, teñen pasado a raxeira e as nubens

dos días infindos da fala. Nisa branca area decorréu o río da língoa, fervendo a cachón nas invernías,

pousado e relixioso espello nos derradeiros do vran. Entón as falas son curtas, e abouran

como as encostas dos ribeiros, recendentes dinantes do ledo mencer das cántigas

vindimeiras. O libro mantén o relixioso silencio do autor. Cálase diante do manuscrito. Calóu

o autor longamente. Escúitase. Foi un ascético do apaixoado calar, en agarda sempre do miragre,

da revelación, da palabra. Endexamáis atal poeta, como nos dispaciosos calares. Era un

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!