10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Son moi abundantes os castelanismos, en ocasións adaptados foneticamente:

consexo, cerdo, febilla, afroxar, antoxo, antiguo, barrecalles, duda, dormir, junio,

justillo, ladilla, lengua, lenguado, lenguaxe, loqueriza, lunar, matadeiro, mimoso, mimar,

mimo, òla (onda, ola), pardillo, parihuela, partija, pepita, porqueria, rabadilla, rastrillar,

renta, renteiro, texedeira, tixeiras, valle, vencexo, veneno, enteirar, pòlvo, polvorento,

apellido, alumbrante, apostol, rexa, salida, señal, sartén, sudar, zángano, tortilla, etc.

Como xa se viu no apartado de exemplos e frases feitas, nalgunha ocasión

aparecen frases ou refráns en castelán baixo a entrada en galego. Son os casos de chirlo

mirlo ou argueiro.

Algúns hiperenxebrismos son: primaveira, sobresalente.

5. INCIDENCIA DO LÉXICO DE PINTOS EN DICCIONARIOS POSTERIORES

A pesar de ser unha obra inédita, o vocabulario constituiu unha fonte léxica para

as obras lexicográficas de principios e mediados de século. É dicir, desde que no ano

1906 foi depositado na Academia galega, pasou a ser consultado polos lexicógrafos

galegos. Así, constatamos que en primeiro lugar moitas palabras ou acepcións que

podemos cualificar como pertencentes ó léxico menos común foron tomadas

primeiramente polos redactores do Diccionario da Real Academia Galega (1925, Acativo);

a partir de aquí, pasan ó Diccionario enciclopédico gallego-castellano, de

Eladio Rodríguez (1958), o cal segue consultando directamente o diccionario de Pintos a

partir do punto en que rematara o da Academia, é dicir, a partir da letra C.

33

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!