10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

cabasiña / cabaza, cabazo; contrapesoña / contrapezoña, cenceno / senseno, chousura /

chouzura, cineira / sineira, cerralleiro / serralleiro. Hai mesmo algún caso en que dá

preferencia á variante con seseo, xa que é á que remite desde a forma con c: Así: ceifa v.

seifa. Pero tamén se dá o caso contrario: de samoriña remite a zamoriña.

En final de palabra predomina a grafía correspondente á sibilante en lugar da

interdental: arcás, arroás, carís, gis, aínda que hai algunha que se aparta desta tendencia,

como é o caso do numeral dez ou os substantivos noz e nariz (pero nun composto: naris

da mangueira).

H / 0: En xeral conserva o h etimolóxico, aínda que hai casos de vacilacións: eilo

/ heilo; eito / heito; casos de h antietimolóxico: hirman, himpar, hirto, ho (artigo),

hombreiro, hum (artigo), hum-ha (artigo). E nalgunha ocasión na forma sen h remite á

forma etimolóxica con h: oxe/hoxe, orto/horto.

G / J / X: A tendencia á escrita etimolóxica vese alterada por múltiples

excepcións e confusións. Así, temos casos en que unha palabra pode aparecer

indistintamente coas grafías g e j: corage / coragento / corajento; curuja / curuxa;

desleijado / desleixado; enjangada / enxangada; baixa e porbaixa e tamén porbaija e

porbaijar; ougeado e ouxeado; lajento / laxento; hoje / hoxe; jabon / xabon; jabre /

xabre; mejacan / mexacan. E coas tres: geira / jeira / xeira; lage / laxe / laje.

Hai tamén algún caso en que as grafías discriminan significados, como sucede

cos verbos reger (‘regir’) e rexer (‘tener resistencia’) ou os substantivos ameixa

(‘ciruela’) e ameija (‘almeja, chirla’).

29

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!