10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O acento circunflexo serve para indicar, en concorrencia co agudo, unha vocal

pechada, principalmento o o. En moitos casos utiliza indistintamente o circunflexo e o

agudo: côrre/córre; côrte/córte; chôco/chóco; pôr/pór; e en certas palabras ademais

indicaría a simplificación vocálica ou a desaparición dunha consoante: lêr, sêo, compôr,

côr.

Á parte deste criterio de distingui-lo timbre por medio dos acentos, noutros

moitos casos Pintos demostra incoherencia e asistematicidade, de xeito que non chega a

saberse moi ben por qué usa o acento en certas palabras. Así, é incoherente en casos

coma cò/có (con el) e demostra asistematicidade sobre todo no uso do acento agudo e

grave en palabras como balído, cugúlo, matùla, nas que non se ve clara a razón por que

se acentúan, ou raìña, raìz, resìo, nas que o acento grave non indica nada.

Noutros casos adoita escribir a mesma palabra ora con acento ora sen el: así, no

encabezamento da entrada, chòras vai con acento, pero na frase que transcribe debaixo

xa vai sen acentuar: Ir das risas para as choras.

A utilización de certos signos ortográficos con variados fins

A diérese aparece na escrita de palabras como cüada, cüeiro e cüidar, nas que

remarca a existencia dun hiato.

O guión úsao para separar xéneros na entrada: córdo -a, manoto -a, melado -a, os

tres únicos casos en que indica os dous xéneros e para marca-lo n velar nestoutros casos:

algun-ha, hum-ha, n’algun-ha, un-ha.

27

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!