10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Ge, gi, ten o mesmo valor que escrito con j, e ponse en lugar d'éste cando a etimoloxía ou analoxía o piden,

exempro: gente (xente), lógica (lóxica). Nos derivados ja, jo, ju, permanez o j; antes de e, i, exempro: laranja (laranxa),

laranjeira (laranxeira).

O g etimolóxico múdase en j diante de a, o, u, exemplo: fugir (fuxir), fujo (fuxo), fuja (fuxa), regir (rexir), rijo

(rixo).

Úsase g en vocábulos cuia etimoloxía veña do g latino; coma en genio (xenio), genro (xenro), gesta (xesta).

Empregaráse j cando veña do j como ja, jurar; de i, como hoje (que tamén adoitan se escribir: xa, xurar, hoxe, etc.).

Poñeráse x nas verbas que en latín escríbense con z, ss, sc, ps, f; como luxo, baixo, paxaro, peixe, feixe, faixa, caixa,

roxo, etc.

O g non se emprega no meio de dición e como final de sílaba, e así escribiráse dino, manifico, etc.

No galego o j ten o mesmo valor da ch francesa, somellante ao x; daquí que pol-a razón esposta na primeira [12]

nota deste traballo, a casi totalidade dos escritores dende o século XIX deron en usar x en lugar de j e g forte. Nós

mesmos fixémolo así tamén e recomendámolo polo considerare comenente.

Neste diccionario buscaránse, pois, todal-as verbas que teñan g forte ou j no x posto que por ser o sino mais afin

para representar o son galego d'aqueles outros, co'este figuran escritos.

H

Poñeráse h inicial naquelas verbas que o xustifique a sua etimoloxía, como en home, humán, honra, hoxe, herdanza,

hastra, herba, hourizonte, etc. Mais se a calquera palabra con h inicial se engadira prefixo, suprimiráse o h; exemplo:

desumán, desonra.

Escribiránse sen h inicial: irmán, ovo, oso, oco, onte, orfo.

No meio dos vocábulos úsase poucas veces: unha, algunha, aheito; pero se non poñerá en sair, coerente, proibir.

Escribiráse h final sômente nas interxeicións: ¡ah!, ¡oh!, ¡ouh!

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!