10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

como en tempos fixérase cando a fala galega era idioma de nobres, señores e poetas, e espresión

axeitada de sabidos frades e doutores.

Despois dun longo periodo en que a nosa língua ficou sômente agarimada nos sinxelos

beizos dos homildes, labregos, traballadores e mariñeiros, que tiveron a grandeza de a

conservaren na quentura melosiña dos seus fogares, hoxe volta á recobrare o seu esprendor, e

ainda á escintilar con novos resprandores, gracias ao xenio dos nosos escritores que fixo

rexurdir â vida literaria e culta, a desleixada, desditosa, fala.

Non figuran neste diccionario moitísimas verbas que son comúns ao galego e castelán,

pol-o coidare innecesario 1 . Verbas que son comúns aos dous idiomas porque no século de ouro

da nosa literatura, cando o castelán estaba ainda en forrnazón, a lingua literaria da penínsua era

o galego, e, naturalmente, moitas verbas galegas fóronse incorporando ao romance vulgar que

se falaba daquela en Castela 2 . Esto aparte de que tamén o castelán, coma o galego, sufríu a

infruencia do latin.

Usamos neste diccionario a ortografía que [5] se estila hoxe, dende o rexurdimento da

nosa fala no século XIX despois de catrocentos anos de silenzo, á pesar de que os anteriormente

pubricados empregan o j para o son x, (ch francesa) cousa que raramente se ve nos tempos

1. Poñemos en troques as modalidades especiaes dos nosos verbos, e un cadro de irregulares, cousas que

seguramente será acollida con interés.

2. Véxase “Infruencia do galego na formación do castelán”, por Uxío Carré Aldao.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!