10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Outra definición que se sae do corrente no manuscrito é a de rèiseñór de paredes, tanto

polo seu tamaño, como pola súa redacción case literaria. Por outra banda, algúns dos lemas

que se definen son propios dunha enciclopedia, pero non dun diccionario: lupa na segunda

acepción (“Señora poderosa y principal, a quien en Galicia, se presentaron los discípulos del

Santo Apóstol Santiago”).

A miúdo Valladares ofrece datos innecesarios para unha definición lexicográfica, que

fan esta máis subxectiva pero máis completa: papallóns: papallós. “[...] y comen luego con

tenedorcillos de helecho generalmente”; jarga: “[...] Tienen varias y les sirven para cubrir los

odres, o pellejos de vino que llevan en sus caballerías”; ou jargón: “[...] Hoy se van generalizando

ya los metálicos o de muelles”.

O elemento máis frecuente da definición é, sen dúbida, a equivalencia en castelán,

aínda que é moi raro que apareza ela soa (trabadura. “Mordedura”). Frecuentemente, vén

acompañada esta equivalencia de varios sinónimos (albendar. “Alentar, reanimar, confortar,

fortalecer”). A miúdo non se remata a seriación, deixando a porta aberta a un número maior de

sinónimos, mediante o símbolo &. Son posibles ata sete sinónimos nunha mesma palabra: suripanta

(mullèr). “Mujer salerosa, donairosa, que tiene mucha sandunga, sal o salero, aire, gracia,

garbo, donaire &”.

50

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!