10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Ó uso do apóstrofo dedicoulle un artigo: Del apóstrofo en la escritura gallega. No

manuscrito, o apóstrofo ten uns contextos determinados de uso: nas contraccións con preposicións

(d’a pèste, d’os bois, n’o reguèiro, c’un pano....), cos pronomes persoais átonos (eu

ll’o dirèi, non t’alijuen...) e con que (qu’era, qu’estou...). Non sempre utiliza o apóstrofo coa

preposición con, só cando o artigo é masculino: co-as caxatas, co-a mesma tana, c’os pitos,

c’o morápio....

O emprego do guión é bastante máis sistemático: emprégase sempre para uni-la conxunción

y (y-as cantiguiñas, y-airada...), na segunda forma do artigo (amba-l-as, corteja-l-o), e,

por último, na unión de pronomes a verbos (quero-o, fai-n-o).

En canto á conxunción copulativa y emprega y sempre que segue vocal (y-estudiante,

y-o Froilán), e e cando segue i ou consoantes (e inda, e soás).

3.7. Características da lingua

Como consecuencia das lamentables condicións nas que a lingua galega sobreviviu

desde finais do século XIV, o estado de deturpación, a finais do século XIX, é facilmente constatable.

No caso do presente manuscrito quizais se note máis a variabilidade da lingua,

porque, en gran parte, está baseado na oralidade. A propia dinámica da lingua oral é un dos

mecanismos que máis contribúen á variación lingüística, sobre todo cando o factor que mellor

45

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!