10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

indica timbre vocálico: ònipotènza, lèijaprè... Nestes exemplos en que as dúas vocais que

levan o acento gráfico son medias, non se pode distinguir cál indica vocal tónica e cál indica

vocal aberta. Cando os acentos van sobre vocais medias e non medias, os primeiros indican

abertura e os segundos tonicidade (estròchár, garfèláda).

En ningún momento Valladares falou da acentuación segundo a tonicidade da sílaba

(aínda máis, na Gramática xustifica o acento de amorillón como indicativo de vocal aberta).

Sen embargo, poden diferenciarse dúas palabras unicamente con este trazo: carrégo//cárrego.

As vocais máis pechadas da serie anterior e posterior só poden levar un tipo de acento,

o agudo, que indica tonicidade (collúdo, delúvio, esvaído). Sen embargo, ó lado destas formas,

temos outras con e tónico, que non levan acento (penico, sucedume). Tampouco Valladares

xustificou a existencia destes acentos.

A vocal pode levar dous tipos de acento: e . A primeira sería a vocal tónica

ou a preposición, e a segunda a contracción de preposición mais artigo. Localízanse moi poucos

exemplos desta regra, que en moitos outros casos non se cumpre, porque utiliza tamén

para a contracción. No manuscrito atópanse exemplos dos dous casos: gèiras (andar âs),

fronte a alèn d’ir á vila na voz alèn. Tamén a acentuación do tónico é moi incoherente:

ceráme // cibaño.

42

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!