10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

3.6.1. Acentuación

O sistema de acentuación 1 é un dos trazos máis característicos de Valladares e a súa

función principal é a de sinala-la abertura das vocais, e moi secundariamente a de sinala-la

tonicidade. Cómpre sinalar de antemán que Valladares non é moi sistemático á hora de pó-los

acentos gráficos. Ó lado de casos con tres acentos (mèijòlíña), tamén é posible a ausencia total

de acento (sartego, veleta, agolleta).

Das sete vocais galegas, dúas, as medias, teñen dous posibles acentos gráficos dependendo

da abertura das mesmas: grave se é aberta, agudo se é cerrada. Só algunhas palabras

levan estes acentos, (aínda que notamos que se representa máis o grave có agudo): avecér

fronte a asconder, Ailóna fronte a losco. Xeralmente este acento coincide coa sílaba tónica da

palabra (adèga, bañòca). Cando non é así pon dous acentos, un que indica tonicidade e un que

41

1. Se ben a caligrafía de Valladares non presenta ningún problema de comprensión, non se pode

dici-lo mesmo dos acentos. Nesta edición manterase a acentuación de Valladares, con tódalas

diverxencias que esta teña.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!