10.12.2012 Views

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

Prólogos das obras incluídas - SLI

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

No Nuevo Suplemento atópanse moitos exemplos de remisións. Así remaría, remería e

romèiría remiten a romaje, que aparece no diccionario impreso, pero entre elas non hai referencias.

Do mesmo xeito vejato, vujato, bujato remiten a bejato.

Desde a perspectiva actual, tan preocupada polo normativismo e pola busca de regras,

dá a impresión de que as palabras ás que remiten son as correctas 1 : romaje, bejato, esmòla...

Isto precisamente era o que pensaba J. L. Pensado cando, ó estudia-la palabra garmalleira de

F. X. Rodríguez di: “También es digna de notar la primacía que le dan algunos dicc. Cuveiro,

recoge garmalleira y remite a gramalleira. En cambio Valladares en gramalleira remite a garmalleira”.

En realidade non hai tal primacia: garmallèira é a primeira palabra que se rexistra

no diccionario por prelación alfabética. Ocorre o mesmo con donicèla, entrecartes, solear... e

outras moitas. 2

36

1. Así por exemplo, nas “Advertencias para el uso de este diccionario” do DRAE, no punto II dise

explicitamente: “Cuando las variantes admitidas no pueden figurar en un mismo articulo por exigencias

del orden alfabético, la preferida por la Academia es la que lleva definición directa: las

aceptadas, pero no preferidas, se definen mediante referencia a aquella...”.

2. Un dato que demostra esta ausencia de normativización é o par de remisións que se dan nas palabras

agolleta e agulletar. Mentres a primeira remite a agulleta a segunda remite a agolletar. Se Valladares

quíxese establecer unha norma remitiría sempre á mesma raíz léxica.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!