12.07.2015 Views

Tu espacio interior - Saber Alternativo

Tu espacio interior - Saber Alternativo

Tu espacio interior - Saber Alternativo

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

TERAPIAS NATURALESSABER ALTERNATIVO11SUPERAR A DOR DE COSTASNO DECORRER do noso dia a dia frenético, é común esquecermosesta parte fundamental do noso corpo que son as nosas costas, atéque algún dia recebemos un aviso en forma de dor, que, se ignoramos,pode converter-se nun problema crónico. Sabemos que naimensa maioria das persoas que padecen este problema, a causa é unha afeccióndas próprias costas. Só nunha porcentaxe moi pequena, inferior ao 10%,se trata dum problema orgánico (como unha infección ou unha dor irradiadade un órgao próximo ou unha doenza inflamatoria). No resto dos casos, falamosdun problema mecánico, que pode deber-se a un mal funcionamento muscularou ben a problemas estructurais como unha hernia de disco, un desgastearticular ou a malposicións nos elementos óseos; se ben é certo, que éstesúltimos non xustifican por sí sós a dor, por exemplo, unha hernia discal podedar sintomatoloxía nunhas persoas e noutras non. Os factores emocionais(estrés, ansiedade) tamén se relacionan coa dor de costas, que pode suporunha forma de somatización dos medos, o exceso de responsabilidades ou deproblemas non resoltos e traumas do pasado.Todo isto non debería extrañarnos se pensamos que a nosa “vida moderna”está chea de razóns que xustifican que a dor de costas sexa un problema tanhabitual na sociedade na que vivimos. A vida sedentaria (non esquezamos queo noso corpo está integramente deseñado para funcionar co movemento, e ascostas non son unha excepción); o ritmo desenfreado ao que nos movemoscheo de prazos, citas e horários inflexíbeis e a má alimentación (que determinaunha carencia de elementos esenciais así como o exceso de tóxicos e aobesidade) son algunhas das posibeis causas.A nível físico, existen dous factores decisivos nos que profundizaremos a continuación:O mal funcionamento muscular. Segundo numerosos estudos científicos quelevan desenvolvendo de forma pioneira un grupo de fisioterapeutas australianosdesde 1986, as causas da dor de costas radican nunha afectación do controlomotor da musculatura profunda, a responsábel de estabilizar a colunavertebral. Isto fai con que, os músculos superficias, cuxa función non é a deestabilizar senón a de proporcionar movemento, teñan que suplir este déficittraballando en exceso e aparecendo así as contracturas musculares e posteriormentea dor. Ademáis, esta inestabilidade supón tamén un fallo no controloligamentoso e neural (nervoso) que determinarán tamén a aparición dasintomatoloxía dorosa. Esta disfunción muscular é igualmente causa das deformidadesestructurais ao non permitir un controlo adecuado da postura.A postura. A evidencia científica móstra-nos que o mantemento de posturasde forma prolongada e o feito de que estas sexan incorrectas incide directamentena aparición de lesións estructurais como as protusións ou as herniasde disco e da dor. A postura sentada por exemplo aumenta a carga que recibeo disco na sua parte anterior, aumentando a presión na parede posterior epredispondo así às fisuras ou roturas do mesmo. Por isto mesmo, a ergonomíano traballo, nas labores domésticas e incluso na cama é fundamental áhora de previr este tipo de lesións.Buscando soluciónsA prevención é a mellor das medicinas. O mantemento de un bo estado físicorealizando algunha actividade de forma regular, o controlo postural na vida diária,así como procurar levar unha vida o mais relaxada posível e hábitos dietéticosadecuados, serán ferramentas poderosas para manter as nosas costascon saude.No caso de padecer xa o problema, a fisioterapia ofrece-nos un amplo abanode positibilidades para o seu tratamento. Nun primeiro momento, despois defacer unha valoración adecuada do paciente, e de constatar que se trata dunproblema mecánico, equilibran-se e normalizan-se as diversas alteraciónsmusculares, osteoarticulares, orgánicas e funcionais, para o que contamos connumerosos métodos (Kaltenborn, Mackenzie, Maitland, Miofascial, Movilizacióndo Sistema Nervioso, Osteopatía, Masaxe do Tecido conxuntivo,Cyriax) e técnicasneuromusculares (masaxe, estiramentos, contracción-relaxación, puntosgatillo...) e articulares (mobilizacións, traccións...).Nesta primeira etapa, os síntomas dorosos deben desaparecer.A segunda fasedo tratamento, consiste nunha reeducación motora fundamentalmente da musculaturaprofunda espiñal e abdominal. Isto consegue-se con exercicios específicosque a persoa debe realizar regularmente no seu domicilio conseguimento do profesional até lograr unha recuperación do controlo motor eproprioceptivo, fundamental para evitar posteriores recaidas.MELLOR PREVIR…-Realiza exercicio suave (camiñar, nadar...) de forma habitual.-Integra na tua rutina un momento para realizar estiramentos.-Respira de forma relaxada, profunda e consciente.-Non permanezas mais de 20 minutos na mesma postura. Se traballas sentado,levanta-te con frecuencia, realiza pequenos movementos pélvicos de adiantea atrás e modifica a posición daspernas e das costas. Se traballas de pé,separa un pouco os pés e cambia alternativamenteo peso do corpo nunhaperna e noutra de forma rítmica.-Procurar ser consciente da tua posturaao longo do dia.-Evita dormir en posición boca abaixo.-Se tes que comprar un colchón, escolleun de firmeza intermedia, nen moimol nen moi duro, que se adapte áscuvas da tua coluna. A almofada debeter unha altura que permita á colunacervical estar en liña coa coluna dorsal.Mais información sobre estiramentos eergonomía postural enwww.espalda.orgAlice Alonso CrespoFisioterapeuta colexiada núm. 858

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!