09.07.2015 Views

Lynn Margulis - La Opinión

Lynn Margulis - La Opinión

Lynn Margulis - La Opinión

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Saberessaberes@laopinionacoruna.netSábado,29 de marzode 2008NO FONDO DOS ESPELLOSGloria a Babel!XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍNNon hai posíbel pensamentoracional fora da lingua, por iso é difícilfalar de lingua. A maioría daspersoas estarían dispostas a admitirque a lingua é o que mellor caracterizaá especie humana. A lingua conprimeira e segunda articulación(Martinet), naturalmente, e ordenadasintacticamente consonte á prácticada predicación. A maioría daspersoas consideran, pois, a linguacomo universal e propia de todo ohome e en todo tempo: a identificaciónde Lóxica e Sintaxe non é parvadaningunha e Chomski coloca nagramática a estructura profundaque é universal.Mais pouca xente estaría dispostaa admitir que esa unidade básica sóse manifesta en forma de multitudede linguas diferentes entre elas.Universais lingüísticos (morfemas,lexemas, categorías, fonemas enoposición, significado e significante)son diferentes en cada lingua humana.O cal ocasiona que estas non servanpara os humanos entendérenseentre eles a non ser que os interlocutoresteñan en común o coñecementodalgunha lingua determinada.Neste sentido, a lingua humanasó se realiza en canto que pluralidade,en canto que linguas humanas. Easí é e así foi e así será sempre. Porparte, estas linguas non están fixassenón que se moven en procesos quevan do individual ao colectivo e viceversa,de xeito que a mudanza linguísticaé constante e permanente.Non Fondo dos Espellos percibimosa tendencia ancestral a odiar omultilingüismo e a consideralo unmal. Na etnia primitiva o estranxeironon é humano e a súa linguatamén non o será. Os imperios, aproveitándosedeste sentimento, impuxerone impoñen as súas linguasfacéndolle crear aos sometidos que eles son inferiorese que as súas linguas tamén o son. Difusamente, vénnosdo pasado máis recuado o sentimento de que o multilingüismoé un mal: a maldición de Babel. Na IdadeContemporánea moitos identificaron determinadaslinguas imperiais (francés, castelán, inglés) como aspropias do Progreso e mesmo houbo quen, desligándosede proxecto imperialistas, inventou idiomas universais(volapük, esperanto) de caracter artificial.As linguas esmorecen e poden “morrer”; transfórmansee mudan sempre. Moitos coidan que, “morta”unha lingua, ela morta está, aplicándolle unha condiciónbiolóxica que a lingua non tén e que os gramáticospositivistas quixeron insuflarlle. O latín estará vivo encanto haxa latinistas no mundo que o estuden e lean asúa (nosa) literatura. Unha lingua extinguida na bocados xudeus pero viva no seu culto e no seu Libro, puido“resucitar” como lingua viva e útil cando o sionismocriou o Estado de Israel: o hebreu. A revitalizacióndunha lingua “moribunda” como era o vasco é un fenómenofeliz ao cal hoxe asistimos polo menos nas tresprovincias do Euskadi autonómico.Actualmente consideramos todas as linguas iguaisen valores e posibilidades de comunicación. A calqueralingua tribal de Nova Guinépodería traducirse Aristótelese en alemán moderno ésusceptibel de ser verquidoun conto mítico da oralidadebosquimana. Hoxe o inimigodo multilingüismo é un individuoarcaico, primitivo. Ohumano contemporáneosinte que a pluralidade culturalestá unida á lingüísticae que o mal vén da imposicióndunha cultura e dunhalingua imperial sobre outrasinferiorizadas. A mentalidadecontemporánea, o mesmoque sabe defender a biodiversidadedefende como unben o multiculturalismo e omultilingüismo. A glotofaxia(Calvet) ou devoracióndunha lingua por outra estáa ter a mesma valoraciónpolítica e ética que a antropofaxia.Babel como mal sópervive nas mentes arcaicasarrastradas por unha inerciaprehistórica. No territorioespañol (e no galego) soninnumerabeis as subxectividadescavernícolas que consideranunha maldición paraEspaña a revitalización donoso e dos idiomas do PaísVasco e Paises Cataláns.Son moitas as individualidadesprimitivas que considerano castelán superior ásoutras linguas faladas naIbéria.Unha lingua non é só unsistema de signos (Saussure)que serve utilitariamentepara a comunicaciónnocional. Digamos que oinglés non é só unha linguaimprescindíbel para practicara enxeñaría financeiranas computadoras senón quetamén é a lingua na que se expresa Shakespeare e quefai posíbel a existencia única no mundo dos Four Quartetsde Eliot. Cada lingua é unha construcción colectivade infinitas posibilidades comunicativas que constitúeunha fiestra desde a que se vé o mundo de formadiversa e propia. Cada lingua comporta unha cultura ea eliminación dunha lingua é, etimoloxicamente, unxenocidio porque con ela se extingue un pobo.Castelao, nunha fúlgura imaxinaria, puxo diante dosnosos ollos a destrucción do Pórtico da Gloria e a destrucciónda lingua galega. Se me desen a escoller euben sei que escollería.O CASO MUMARYLendo o seu libro ‘Consultorio dos nomese dos apelidos galegos’, atopeime conome de Mumadona, e sorprendeume porter a mesma raíz có seu apelido, Mumary.Levo tempo tratando de saber a orixe domeu apelido sen chegar a conseguilo decerto. O último que sei, segundo un pequenoestudio que lle fixo a un sobriño meu unhaprofesora da USC, a orixe podería estaren Alemaña (Hamburgo), vía Dinamarca paracaer definitivamente no condado de Kent(Inglaterra), onde hai moitísimos Mumary eMummery. Envíolle a copia do traballo paraque vostede faga as súas comparacións. EnPontevedra, A Coruña e Vigo hai Mumary emeu pai, avó e posiblemente o bisavó sonnativos da última. Meu pai ten 88 anos e foibautizado no convento de San Francisco deBuzónMÉNDEZ FERRÍNSen dúbida a referenciamáis erudita da narrativagalega, o escritor e académicoXosé Luís MéndezFerrín, achega nunha seriede artigos a súa sabedoríasobre episodios e personaxesque chaman o seu interese.Vigo.Teño un cuñado apelidado Cardesín, oriundode Sobrado dos Monxes. Que me pode decirsobre el?ALFONSO MUMARY RUIBALTomo moi boa nota de tan interesante consulta. De termaformulado antes dedicaríalle o espazo preciso no “Consultoriodos nomes e dos apelidos galegos” que xa clausuramosneste xornal. Con todo, prométolle a Alfonso estudar, dentrodos meus límites, o seu apelido e darlle entrada na próximaedición do Consultorio, que agora circula en forma de libro.Vistas as notas da profesora cuxo nome ignoro que o meuconsultante adxunta, pode decerlle que teño a impresiónque de Mumary ten que ver con Mumadona no sentido deque é comunmente románico e mesmo universal mumman-,na-, nam- referido á “nai, mai”. Co cal non é dificil imaxinarque un normando Mumary “Nai María” pasase coastropas de Guillerme o Bastardo a Inglaterra, onde froitificou.Logo viría a Vigo e a Galicia coa asentamento dalgúnvarón de orixe en York, onde parece ser abundante esteapelido.En todo caso, trátase dunha impresión non demasiadoreflexionada. En canto a Cardesín, é sen dúbidadun apelido toponímico. Vexo un lugar Cardesín na freguesíade Refoxos, concello de Silleda.Tratarei deste apelidona próxima edición do Consultorio, pro adianto dúasposibilidades etimolóxicas. Unha, que proceda dun posesorde nome xermánico Cardesimus, no que se detectaun elemento Cart-, moi confuso, e outro próximo ao latínsenex- “vello”; de ambos tratan Piel e Kremer. Outra interpretacióniría pola liña de que Cardesín sexa unha modificacióncon rotacismo de Cas de Sin “casa de algún chamadoXin”.Xa miraremos a ver.Aqueles lectores que queiran colaborar coa súa opinión nesta sección poden escribir a:<strong>La</strong> Opinión de A Coruña. C/ Franja, 40-42 15001 A Coruña. Correo electrónico: saberes@laopinionacoruna.net

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!