09.07.2015 Views

Lynn Margulis - La Opinión

Lynn Margulis - La Opinión

Lynn Margulis - La Opinión

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

<strong>La</strong> Opinión A CoruñaSábado, 29 de marzo de 200811 SaberesXuvenil/novidadesFantasía e realidadeMARÍA NAVARROXosé Miranda xoga nos tres contos querecolle baixo o título A nena pálida coa realidadee coa fantasía e con ambos os aspectosmergulla o lector nun hipotético mundomarabilloso que percibimos como lonxano,pero tamén achegado a nós pola cotidianeidadeque zumegan as páxinas, dada sobretodo polas referencias reais e supostamenteobxectivas que fai dos acontecementos edos detalles que amosa.O primeiro conto que abre o libro, e quelle dá título, A nena pálida, inicia o caminocara ao ultramundo e diriamos que damesma forma que a protagonista Evaadvirte a presenza de alguén polos ruídosque oe no faiado, tamén fai a súa apariciónunha nena pálida, translúcida que habita naparte superior da casa, que lembra algúnmaior que de pequena viviu alí e que seencarga de arrebolar unha tenra historia deA nena pálidaXOSÉ MIRANDAEd. Tambre, 2007,75 páxinasSaber adaptarPAULA FERNÁNDEZOrfeo e Eurídice é o último título publicadona colección que Kalandraka, en colaboracióncoa editorial catalá Hipótesi, dedicaa achegar pezas fundamentais da óperaaos nenos e nenas de Galicia e na que xa seinclúen as adaptacións de libretos tansalientables como Aida ou A frauta máxica.Desta volta o volume infantil escolle otexto do alemán Christoph Willibald Gluckinterpretado por vez primeira na corteimperial de Viena en 1762 e baseado na tráxicahistoria de amor entre Orfeo e Eurídice.Historia que narraba como a fermosaEurídice morrera o día da súa voda conOrfeo despois de ser perseguida pola violenciado pastor Aristeo.Esta adaptación do libreto, que se acompañadun CD, unha guía de audición e unhabiografía do autor para facilitar o seuOrfeo e EurídiceCHRISTOPHWILLIBALD GLUCK(ILUSTR. PEPMONTSERRAT)kalandraka Ed.,Pontevedra, 2007,34 páxinasamor e desamor de alguén moi cercano árapaza encargada da narración dos feitos.Conversar coa nena morta converteraseen todo un exercicio de reflexión para aprotagonista e quen sabe se tamén para olector mozo.Continúa o volume o camiño da fantasíacon Aprendendo a nubeira, un conto noque unha nai seguindo a tradición familiar,pretende ensinarlle á súa filla o oficio denubeira, sen moito éxito por certo, debidosegundo á mestra á escasa importanciaque se lle conceden aos costumes e queextinguirá a extirpe de nubeiros e tronantesque noutrora poboaron as nosas terraspara felicidade dos seus habitantes.Remata o libro con Un trasno no Tourde Francia onde se nos desvelan detallesata agora descoñecidos e que explicaríanfeitos que no seu tempo escapaban a todalóxica debido á intervención de seres fantásticosdificilmente perceptibles ao ollohumano e que adoitaban enredar sen facerdanos graves, pero si significativos. E asícoñecemos o motivo polo cal Álvaro Pino,entre outros, sufrirá unha merma nas súasfacultades deportivas ou por qué ÁlvaroGil doara a súa colección de torques aomuseo de Lugo.O humor, a graza na escolla dos termose expresións e a sinxeleza na sintaxe proporcionanao lector un texto ameno edivertido capaz de transportarnos a mundosfantásticos e quen sabe se taménreais.entendemento, comeza con Eurídice xamorta e co pranto dun esposo desolado queacada un pacto cos deuses que lle devolveráa súa amada. Tras este pacto o segundoacto conta o descenso de Orfeo aos infernospara xa no terceiro atopar a muller, quen,coa súa insistencia, fará que Orfeo non consigasuperar a proba imposta polos deusese volvan ficar separados até a apariciónprovidencial do deus Cupido.Como a meirande parte das óperas, estacaracterízase tamén polo seu estilo sobriopatente no texto lido mais tamén no musicadocomo podemos comprobar no CD queacompaña o libro; once pistas interpretadaspor unha soprano, dúas mezzosopranose un coro. Interpretación esta que pon demanifesto o carácter innovador de ChristophWillibald Gluck, quen, dentro duncontexto marcado polo barroquismo reformoue anovou de xeito considerable opanorama operístico coa introdución docoro dentro da narración dramática e coasubstitución do recitativo seco polo acompañadoda orquestra.Á marxe da calidade da obra orixinal eda interpretación musical, cómpre salientaro bo traballo de adaptación realizadopor Vitoria Ballesteros e a compoñenteplástica achegada por Pep Montserratquen cumpren de maneira satisfactoria oobxectivo de achegar aos nenos, dunhaforma atractiva e afastada do retórico, unxénero tan marcadamente clásico como é aópera.Andel denovidadesM. BLANCO RIVASAcendedeas almenarasO poeta de Cangas grava neste poemarioun testemuño de emoción e vibraciónante a vida e as persoas, un testemuño através do que lanza ao ar unha onda a favordas ataduras do amor e da amizade. Librorecompilatorio, pero inédito, que reúnecomposicións escritas desde os anos 80até hoxe, Acendede as almenaras organizaos textos en poemas de amor, de amigo ede escarnio, seguindo a nosa tradición literariamedieval, para dar conta da importanciadas relacións vitais e persoais, daforza do cariño, da tenrura e do apego, queson, en definitiva, os fíos invisibles que, comosuliña Bernardino Graña, nos proxectanao longo da nosa vida.MiñoGalardoado co Premio de Poesía Cidadede Ourense 2007, e sexto título poéticodo autor, Miño ten como eixe central esetorrente de vida que dou pé a centos depoemas e que constitúe un dos eixes vertebradoresdeste noso país. Fernández Navalpercorre nas súas páxinas os límites, a paisaxe,os lugares da memoria e os estadosde ánimo que xenera ese curso de augaque é pai e nai de todos os galegos: o tempoausente, o cansazo, desazón a consumación...Manancial líquido que tamén éfronteira que divide e que une á vez, quenos fala e que nos escoita como fillos quesomos da auga.Castañas conporco bravoNo castro de Baroña os cazadoresmatan o tempo amañando as armas. Oferreiro mete as puntas das lanzas no lumepara lles dar a forma axeitada. Os pequenosbarbanzóns, Duna e ManichoCativo, viñeron xogar onda os seus amigosde Baroña. A vida transcorre no castrode vagar. Os rapaces van apañar castañasa un souto próximo, pero un porcobravo asoma por detrás da pena e os pequenosBarbanzóns liscan coma coellos.segundo número da serie, Castañas conporco bravo leva aos máis cativos a coñecera vida das nosas xentes nunca épocaque deixou en Galiza una forte pegada.Corpo baleiroPrimeiro libro da autora que ve a luz,Corpo baleiro reúne unha manchea de poemasque saen ao encontro do lector,alampando coa súa enerxía desbordante.Como suliña Miguel Anxo Fernán Vellono limiar, “Berta Dávila entra na poesíagalega tocándonos fisicamente, tal comoestablece o designio borgeano para a linguaxelírica. E tócanos porque ascende dassúas fondísimas raíces existenciais e sentimentais,e nos trae a aura dunha sabedoríae dunha cultura poética hoxe en día nadacomún entre nós”. Berta Dávila ten publicadospoemas da súa autoría nos libroscolectivos No ocaso dos poemas e Ningunhaprimavera máis sen flores.Acendedeas almenarasBERNANDINOGRAÑAEd. Xerais70 páxinasMiñoFRANCISCO X.FERNÁNDEZNAVALEspiral Maior Poesía100 páxinasCastañas conpoco bravoCARREIRO ECARREIROEdicións Toxosoutos31 páxinasCorpo BaleiroBERTA DÁVILAEspiral MaiorPoesía,69 páxinas

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!