09.07.2015 Views

Lynn Margulis - La Opinión

Lynn Margulis - La Opinión

Lynn Margulis - La Opinión

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Saberes 10<strong>La</strong> Opinión A CoruñaSábado, 29 de marzo de 2008Letras galegasEstatuto e repúblicaXOSÉ ANTONIO LÓPEZ TEIXEIRASe ben que o movemento galeguistaviña defendendo xa desde o século XIX anecesaria descentralización do Estado, foicoa chegada da II República cando o nosopaís puido albiscar por vez primeira na súahistoria contemporánea a posibilidades deacadar o seu autogoberno. A conquista doEstatuto foi un proceso longo e difícil que,malia ter cumprido a legalidade constitucional,non puido entrar en vigor por mordo comezo da Guerra Civil. Con todo, aGaliza actual débelle moito á herdanza deixadapolos republicanos. De aí a necesidadede estudar e dar a coñecer o procesotodo que levou á elaboración, aprobaciónpolos municipios e plebiscito polo censoelectoral do Estatuto de Autonomía deGaliza entre 1931 e 1936; un proceso quePrudencio Viveiro Mogo divide en dúasetapas.Así, o noso autor estrutura o seu estudoen dúas partes ben diferenciadas. A primeirafase estatutaria estaría protagonizadapor un autonomismo non nacionalistacapitalizado por forzas políticas como aFRG ou a ORGA. Porén, o inmobilismoautonomista desta última, especialmentedo seu líder Casares Quiroga —quen, naopinión de Viveiro Mogo, nunca foi autonomistae só aproveitou os ideais autonomistaspara acadar preeminencia no republicanismoespañol—, levaron á unificacióndo nacionalismo galego, concretada endecembro de 1931 coa fundación doPartido Galeguista, forza protagonistana segunda etapa. En efecto; o PartidoGaleguista, logo de ver que coa dereitaxamais atinxiría o Estatuto, inicia unproceso de xiro á esquerda coa vistaposta na consecución do autogoberno.Ao tempo, partidos como PSOE ouPCE, que nun comezo se opuxeran aoEstatuto, pasaron agora a defender odereito de Galiza á autonomía fronte ádereita, o grande inimigo a bater. Maisadiante, as forzas de esquerda e nacionalistasconfluirán na Fronte Popular,que se imporá nas eleccións de febreirode 1936. O Estatuto galego, incluído noprograma electoral de febreiro de 1936,recibiu daquela un forte respaldo coavitoria desta coalición. E así, o 28 dexuño de 1936 ten lugar o plebiscito, quefoi refrendado pola imensa maioría dapoboación. O 15 de xullo de 1936 presentouseperante as Cortes da República,pero o golpe militar e mais o comezoda Guerra Civil impediron que tiveseaplicación efectiva. Finalmente, aprobousepolas Cortes da República noexilio, reunidas en México en 1945,dando culminación simbólica á xeira detraballos estatutarios.O proceso estatutario republicanonon careceu certamente de estudos.O Estatutogalego durantea II RepúblicaVIVEIRO MOGO, P.Ed. do Castro, Sada,(A Coruña), 2007,174 páxinasPero botábase en falta unhaobra de divulgación que reunisea información máisactualizada sobre o procesoautonómico galego e que llepermitise ao lector actualcomprender o devir políticoque fixo posible o texto de1936. Para acadar este fin,recorre Prudencio Viveiro ábibliografía existente, especialmenteos libros de memoriase conversas e mais taménos xornais da época, coa finalidadede oferecer ao gran públicounha visión de conxunto.Non nos cabe dúbida que oEstatuto de 1936 foi un revulsivopara a toma de conciencia deGaliza como país diferenciado.De aí a súa trascendencia histórica.A máis longo prazo, a tradiciónestatuaria republicana contribuíua que a Nosa Terra fose considerada—igual que Cataluña eEuskadi— unha nacionalidade históricae así ficase recoñecido pala Constituciónespañola de 1978. Daquela, ostraballos estatutarios durante a IIªRepública e mais os esforzos de todosaqueles que os fixeron posibles nonforon en balde.Calidadede poetaROMÁN RAÑAA personalidade literaria de Miguel AnxoFernán Vello (Cospeito, Lugo, 1958) é benrecoñecida por todos. Exhibe no seu currículoos máis importantes galardóns concedidosno noso país e a súa obra foi traducidaaos máis relevantes idiomas de Europa.Poeta, dramaturgo e editor son as tres actividadesbásicas que concentran as súas preocupaciónse o teu talento. O libro que agoracomentamos, Astro interior, Escolma poética1984-2007, patrocinado polo Pen Clube deGaliza, na súa magnífica colección Arte deTrobar, recolle e selecciona poemas de todaa súa dilatada produción. O volume vai precedidodun extenso, minucioso e esclarecedorprólogo de Teresa Seara que analiza aobra do de Cospeito, repasa a súa biografíae desvela o tecido dos símbolos tan necesariospara unha cabal interpretación dos seustextos.Que elo une Do desexo en corpo e sombra(1984) e Dicionario do estremecemento(2007)? Que fío de Ariadna vai engarzandoas pezas dun mosaico xigantesco que malpodemos vislumbrar? Talvez, en primeirolugar, un ímpeto unitario de paixón e harmonía.Notamos sempre nos poemas deAstro interior.Escolmapoética1984-2007MIGUEL ANXOFERNÁN VELLOPen Clube de Galicia,2007, 486 páxinasFernán Velloun acopio deenerxía quese transfireao verso entodo momento.Poucosescritores nosnosos larespoden manterun pulo vivencial,un regozixona forma deexpresar o quelle abrasa pordentro, como oque aquí percibimos.Se opoema é celebración,os deFernán Velloson incendioconstante, aíndaque comuniquendesgrazas, desventurasou a irritaciónpolos tempos que decorren.Efectivamente, o interesetemático do noso poeta vai expandíndosedesde o primeiro poemario, case exclusivamenteerótico, que alcanza culmen enMemorial de brancura (1985), transidode emoción carnal e de deslumbramento,de cío animal e de fulgores de concuspiscencia:“cando pasan así esas mulleres doverao tan fermosas/un desexo desangra amiña vida e morro/en instantes crueis queme iluminan toda a carne/e morro neseasombro constante de beleza.”Tamén nesta citación atopamos outroelemento continuo nas composicións donoso autor: a íntima unión da morte e dapaixón, da poesía e da carne que termina.Despois da etapa onde brillaba un erotismosolarmente explícito, asistimos aunha viaxe ao humus terreal en Libro daspaisaxes vivas (1985).Agora a forza dos verso é telúrica, avehemencia bota raíces no que os ollos ven,no que a alma contempla: terra que se ama,natureza que vive e que nos vive: “Hai unpaís de sangue verde que corre inmensamentepolos campos e eleva brillos altosnas árbores deslizadas ao ceo. É un reinode mil terras ao sol. Un fogo mineral eazul.” Esa emoción terrestre tamén sulcaEntre auga e fogo (Cantos da terra posuída)de 1987.En 1996 aparece un poemario excepcionalna historia da poesía galega, As certezasdo clima. O escenario agora é absolutamenteurbano. Aparecen fábricas, residuosferruxentos, talleres metalúrxicos, estaleirosque abraian. Sobre a desolación industrialaparece o home, que se ve agradidopolas formas; e a vida, que se ve esmagadapolo tempo. Bastaría a existencia destelibro para confirmar a prodixiosa calidadeda nosa literatura e a Fernán Vello (á pardun René Char, dun Nuno Júdice) como oextraordinario poeta que é.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!