06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

sempre en Madrid (25 de outubro-10 de novembro; 22 de novembro-23 de

decembro) para tomarlle o pulso ó acontecer político do país e podérllelo

comunicar ós seus lectores arxentinos.

García Lorca, como xa vimos en apartados anteriores, estaba a triunfar

en Buenos Aires e Montevideo, pero non esquecía ó seu amigo nos círculos

culturais do país, algo que Eduardo lle agradecería máis tarde en carta:

«... Les hablé de tus proyectos y realizaciones. Casi toda la

conversación estuvo a ti dedicada. No hago más que corresponderte.

Ahora veo cuánto has hecho aquí por mí, y eso apenas nos

conocíamos. ¡Y hay quien dice que eres egoísta! En realidad, tu

has impuesto aquí mi nombre; porque lo cierto es que la gente

me quería y esperaba de mi no sé qué cosas, pero tú has atizado

mucho este fuego. Gracias, Federico. Ya sabes que yo soy sobrio

en las expresiones de mis sentimientos, pero que me van muy hondo...»

(Buenos Aires, 29 de decembro de 1935).

En marzo de 1934, Federico regresa a España, despois dunha viaxe cargada

de éxitos por Buenos Aires e Montevideo, pero a dereita está no poder

e a violencia na rúa é cada vez máis provocativa. Blanco-Amor que vén

de Barcelona, pasando por Valencia, chega a Granada, onde estará do 19 ó

24 de abril, para dar a benvida ó amigo e poder conversar con el da súa

experiencia riopratense. O escritor galego coñecía moi ben o mundiño

bonaerense, pois vivía alí desde 1919 e, sen dúbida, tivera tamén participación

na preparación da viaxe, pois, entre outras cousas, coñecía tamén a

Lola Membrives, que foi quen propiciou este encontro teatral de Lorca co

público americano. De novo, interponse o testemuño serodio de Guerra da

Cal, que vería este encontro como unha imposición de Blanco-Amor. Pero

a verdade é que esta relación estase vigorizando. Non esquezamos que Eduardo

escolleu, ó longo da súa vida, as súas relacións non por un criterio oportunista,

senón pola oportunidade que podían supor para exercer a súa

actividade como escritor, sempre que tiveran un interese para a xente, para

o seu público, sempre que tivesen un interese social. Necesariamente, como

correspondente de La Nación, estaba ó tanto dos éxitos de García Lorca.

Pero Blanco-Amor busca algo máis: quere penetrar no coñecemento da

infancia do poeta, nun Federico máis íntimo, ó lado de seus pais na Vega

de Granada. Cóntanos como don Fernando, o pai do poeta, percorre con

el os campos da Vega, explicándolle a vida do campo andaluz, na que

discorrería a infancia do poeta, mentres á volta súa nai dona Vicenta tiña

preparado un gazpachuelo para o invitado.

97

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!