06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Prólogo*

Aínda que a metodoloxía da investigación literaria se ten difundido ó

longo, ó ancho e en profundidade, en xeral mantén nos nosos días unha

calidade estimable, que apreciamos os que frecuentamos estas lecturas; rara

vez se encontra, sen embargo, un libro desa clase que apareza sen mácula,

é dicir, sen erros nin descoidos ou fallos deste ou daquel grosor.

No libro que tes nas túas mans, lector, o rigor da investigación revela

a esixencia que o autor impuxo a si mesmo para non deixar cabo por atar

nin para caer en ningunha lixeireza. Unha mente clara e rigorosa,

profundamente analítica, implacable e crítica consigo mesma, garante a

perfección dun traballo abordado, primeiro con saber e logo con paciencia,

para ir estudiando paso por paso ata os máis leves matices dos textos

orixinais, sen deixar escapar ningunha posibilidade que puidera non aclarar

dúbida ningunha ou equívoco. A aplicación de Luís Pérez ó traballo elixido

e, polo tanto, amado, é froito, ante todo, dunha forte capacidade de

penetración no máis escuro, no máis dubidoso e variable, no máis resistente

a unha interpretación indiscutible e, polo mesmo, única e segura, inaccesible

a calquera desconfianza, a calquera sospeita, a calquera dúbida.

Cando Luís Pérez mantén ou non acepta esta ou aquela apreciación é

inútil sometela a xuízo. Sempre está fundada moi firmemente nunha

investigación e nun razoamento imbatibles, nunha explicación sen unha soa

fisura, sen unha soa fenda, sen ningún punto feble por onde poida crebar.

* Traducción literal do texto castelán de Carlos Martínez-Barbeito, por L. P.

9

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!