06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

2.2. Guerra da Cal e Blanco-Amor

Eduardo chega a Vigo o 28 de marzo de 1933 61 e, despois dun emocionado

reencontro con súa nai enferma 62 e dunha inmersión na súa Auria e

no ambiente dos mozos galeguistas, entregados á tarefa do Estatuto de Autonomía

63 , bota en Madrid todo o mes de maio. A capital de España marcaba

o termómetro da actividade política e cultural do momento e el, como

correspondente de La Nación, debía explicar ós lectores do rotativo arxentino

as grandes transformacións que estaban a ocorrer en España.

Blanco-Amor é asiduo do café Regina, onde acoden os deputados

galeguistas, entre eles o seu amigo Suárez Picallo, e un día de primeiros de

maio Ramón Cabanillas preséntalle ó mozo Ernesto Pérez Güerra 64 . A ocasión

é propicia para conectar con García Lorca, pois o seu amigo Suárez

Picallo teríao ben informado desta relación e, de inmediato, pídelle a Ernesto

que lle facilite un encontro con Federico.

Blanco-Amor describirá a aquel Ernesto, moitos anos despois, como:

«... un rapaz ledo, belido, loiro, apaixoado, como ún supón

que terían que ser os arcanxos rebeldes, cando eran rapaces...» 65 .

Pero vexamos tamén algunhas das autodefinicións que Guerra da Cal

dá a si mesmo, nas cartas a Blanco-Amor, anos despois daquel encontro:

«... aquí estoy. El mismo ser extravagante, desatento y jodido

que tú conociste y que también te sigue queriendo...» 66 ; «... de aquel

61

Blanco-Amor partiu de Buenos Aires o 9 de marzo de 1933, no Highland Princess, e

chegou a Vigo o 28. Desde este mesmo porto regresaría á capital federal no Massilia o 6 de

novembro de 1935, onde arribaría o día 20 do mesmo mes. A axenda de Blanco-Amor describiu,

día a día, esta estadía en España, feito que nos permite constatar con máis exactitude, entre outras

cousas, os posibles encontros con García Lorca.

62

Súa nai, Aurora Amor, morrerá o 12 de xuño. Eduardo, que está en Madrid (1-31 de

maio), terá que volver precipitadamente, por esta razón, a Ourense.

63

Do 13 ó 30 de abril percorre A Coruña, Lugo, Santiago e Pontevedra.

Landeira Yrago anota unha destas reunión cos galeguistas Francisco Fernández del Riego,

Suárez Picallo, Carlos Maside e Luís Seoane o 2 de abril de 1933 (vid. Landeira Yrago, 1986a, p.

116). De ser certa esta cita, trasladouse desde Ourense.

64

As referencias para este encontro, como a presentación de García Lorca a Blanco-Amor,

están sacados da miña entrevista con Guerra da Cal, mantida o 4 de agosto de 1992, no seu

apartamento de Londres.

65

Casares, 1973, p. 342.

66

Carta de Guerra da Cal a Blanco-Amor, 20 de agosto de 1940, New York City, Arquivo

da Biblioteca Blanco-Amor, Deputación Provincial de Ourense.

87

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!