06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

La Barraca, prolongando a onda beneficiosa das Misiones Pedagógicas e

tendo o apoio tamén da Federación universitaria Escolar (F.U.E). A relación

de Federico con Manuel Azaña (moi amigo de Margarita Xirgu e cuñado de

Cipriano Rivas Cherif) e a amizade con Fernando de los Ríos propician que

o mozo Ernesto estea ben informado tanto política como culturalmente. Elsie,

no estudio citado, acláranos que Guerra da Cal asiste ó nacemento e organización

deste teatro ambulante universitario de La Barraca, pero sen

pertencer a el. Onde si se integra activamente é no Grupo Teatral Anfistora,

que o poeta dirixía con Pura Maórtua de Ucelay 59 . Na representación de La

zapatera prodigiosa, Ernesto representaría o papel do Mozo de la faja, como

me confesou na conversa que tiven con el en Londres no verán de 1992.

As relacións dos dous amigos desde 1931 ata os primeiros meses de

1935, que veñen a coincidir co pórtico temporal dos poemas galegos, foron

intensas, como indica Blanco-Amor. Asisten regularmente á tertulia literaria

que Pablo Neruda organiza no seu apartamento da Casa de las Flores, por

onde pasan tamén escritores hispanoamericanos, como Nicolás Guillén.

Frecuentan La Ballena Alegre, nos baixos do café Lyon, e, implantada a República,

Ernesto e Serafín Ferro levan ó seu amigo granadino con frecuencia

á tertulia dos galeguistas no café Regina. Lorca ten a ocasión de coñecer

alí a Otero Pedrayo, Castelao, Suárez Picallo, Antón Vilar Ponte (representantes

galegos no Parlamento republicano) e a Ramón Cabanillas. O pan

dos poemas tamén levedará nesta tertulia e Lorca, aberto sempre a novas

realidades poéticas, recadará sustancia poética e literaria para os seus poemas

galegos.

Elsie Allen da Cal 60 describe a viaxe de Ernesto, no verán de 1932, pola

costa atlántica de Galicia, contemplando, unha vez máis, as rías ferrolás.

Acode a Santiago, ás festas do Apóstolo, para celebrar o Día da Patria Galega,

onde asiste –seguindo a Elsie– á reunión de Galeuzca, contactando cos novos

valores galegos: Álvaro Cunqueiro, Álvaro de las Casas, R. Carballo Calero,

Arturo Cuadrado. Temos que pensar que pasaría por Lugo, para visitar ó

grupo galeguista lucense, co que convivira xa en 1930: Luís Pimentel, Ánxel

Fole, Evaristo Correa Calderón, Arturo Souto. Non temos constancia de que

se atopara con García Lorca, que visitaba Galicia tamén neste verán (maio

e agosto), pero non perdamos de vista que será a este grupo de amigos

lucenses de Ernesto ó que o poeta granadino fará entrega do primeiro dos

seus poemas, «Madrigal â cibdá de Santiago», en novembro de 1932.

59

García Lorca presentaríalle a Pura Maórtua e á súa filla Margarita, coa que casaría en

1936.

60

Op. cit., p. 33.

81

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!