lorca

lorca lorca

06.06.2015 Views

O recital, organizado pola Ponencia de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega, que preside don Ramón Castromil, celebrouse no seu salón de actos de Santiago e contou coa asistencia dun público que sintonizou coa maxia sempre presente da feliz unión da poesía coa música. No acto sobresaía tamén a presencia de dúas persoas, de grande estima para min, que coñeceron a García Lorca: Carlos Martínez-Barbeito, amigo do poeta, que agarima co seu prólogo esta nova edición, e Xosé Figueira Valverde, Presidente do Consello da Cultura Galega, quen destacaba a singularidade desta ocasión: a de escoitar os Seis poemas galegos de Federico, devoltos á súa dimensión lírico-musical, da man de Isidro Maiztegui. Hoxe sentimos fondamente que xa non estean con todos nós estes tres homes entrañables pola súa liberal valía intelectual e artística. O corazón do mestre Isidro deixou de latexar ó pouco de regresar á súa casa de Mar del Plata. Sabemos que foi feliz co seu reencontro con Galicia en Compostela. Quédanos a súa música, xa unida definitivamente a este libro, que tamén é o seu. Nós temos a certeza de que, desde o val dos bos e xenerosos no que habita e co seu xuvenil entusiasmo de sempre, xa só está a agardar que Galicia lle represente a súa cantata do Macías o Namorado, un dos soños dos seus derradeiros días. Xosé Filgueira Valverde, sempre xeneroso e compracente, prometéranos escribir un epílogo para esta nova edición, pero a súa morte roubounos as palabras sabias deste mestre das letras eruditas galegas, quen puxera todo o seu entusiasmo neste proxecto lírico-musical e en propiciar o encontro de Isidro Maiztegui coa cultura dos seus devanceiros. Carlos Martínez-Barbeito, un dos mellores amigos que tivo Federico en Galicia, dicíanos tamén adeus o día 22 de xuño de 1997, desde A Coruña, a cidade que el máis amou. Esta nova edición vai enriquecida co seu prólogo póstumo, de extraordinario interese para o esclarecemento literario destes poemas. Esta segunda edición, corrixida e aumentada, estaba xa preparada para ir ó prelo en 1996. Faino agora no ano do centenario do nacemento de Federico García Lorca. Non quere apartarse dos propósitos cos que escribimos a primeira: recompor, a través do discurso blancoamoriano, que sempre me pareceu o máis coherente, unha historia posible dos Seis poemas galegos, pensando no lector e fuxindo, sempre que me foi posible, das sobras eruditas. Non foi doado, ás veces, podar da ramaxe que cobre o froito dos Seis poemas galegos opinións, teorías e mesmo máis dunha retorta intención. Quedan, para outra ocasión, análises complementarias que suxiren os poemas: estudio lingüístico e literario máis fondo destas poesías, traduccións a outros idiomas, 6

versións musicais, o especificamente galego e lorquiano, todas as relacións de Federico con Galicia, os amigos galegos e a súa literatura, levando a cabo unha recollida minuciosa desde a súa obra. Os cambios nesta segunda edición, á parte de corrección de erros tipográficos e modificación de caracteres dalgunhas letras, inclúen novos textos de Blanco-Amor sobre a obra e a vida de Federico García Lorca e diverso material documental e fotográfico. O título do libro, por indicación de Carlos Martínez-Barbeito, recobra na portada o nome de F. García Lorca que, por vontade deste autor, debería ter figurado xa na primeira edición. Acompaña ó libro, como novidade, unha casete coa música de Isidro B. Maiztegui Pereiro, gravada polo Arquivo Sonoro de Galicia no recital da súa estrea no salón de actos do Consello da Cultura Galega, o 12 de abril de 1996. Agradezo ós amigos lectores de O Pórtico poético dos Seis poemas galegos os comentarios, consellos e indicacións que me fixeron, que, sempre que me foi posible, tiven en conta para mellorar esta segunda edición. A Coruña, 17 de maio de 1998, Día das Letras Galegas. 7

versións musicais, o especificamente galego e lorquiano, todas as relacións

de Federico con Galicia, os amigos galegos e a súa literatura, levando a cabo

unha recollida minuciosa desde a súa obra.

Os cambios nesta segunda edición, á parte de corrección de erros

tipográficos e modificación de caracteres dalgunhas letras, inclúen novos

textos de Blanco-Amor sobre a obra e a vida de Federico García Lorca e

diverso material documental e fotográfico. O título do libro, por indicación

de Carlos Martínez-Barbeito, recobra na portada o nome de F. García Lorca

que, por vontade deste autor, debería ter figurado xa na primeira edición.

Acompaña ó libro, como novidade, unha casete coa música de Isidro B.

Maiztegui Pereiro, gravada polo Arquivo Sonoro de Galicia no recital da súa

estrea no salón de actos do Consello da Cultura Galega, o 12 de abril de

1996.

Agradezo ós amigos lectores de O Pórtico poético dos Seis poemas galegos

os comentarios, consellos e indicacións que me fixeron, que, sempre que

me foi posible, tiven en conta para mellorar esta segunda edición.

A Coruña, 17 de maio de 1998, Día das Letras Galegas.

7

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!