06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Segunda edición para O Pórtico poético dos Seis poemas galegos

A primeira edición deste estudio sobre os Seis poemas galegos de F.

García Lorca rematábase de imprentar o 27 de Nadal de 1995, xustamente

o mesmo día do sesenta aniversario da edición príncipe, saída do prelo da

Editorial Nós de Ánxel Casal, con prólogo de E. Blanco-Amor.

O libro tivo unha primeira reimpresión no mes de abril de 1996, ano

do centenario de Ánxel Casal, pero tamén recordatorio dos sesenta anos da

inmolación do poeta granadino e do editor dos Seis poemas galegos, ocorrida

fatidicamente o 19 de agosto. Como diría Blanco-Amor, morreron na dura

lex, para que non falase o seu espírito, pola súa voz.

Estes acontecementos propiciaron diversos actos de homenaxe ás súas

figuras. Salientamos, en especial, a reedición facsimilar dos Seis poemas

galegos, coeditada por Ara Solis e mais o Consorcio de Santiago, e a

Exposición gráfico-bibliográfica sobre García Lorca y Galicia, do Grupo

Sargadelos, que percorreu as cidades andaluzas e galegas 1 .

Foi un momento moi emotivo para este autor a presentación deste libro,

o 12 de abril de 1996, na que Isidro B. Maiztegui Pereiro, quen chegaba ex

profeso para este acto desde Mar del Plata –Arxentina–, interpretaba ó piano

a música que compuxera para estes poemas, a petición miña. O mestre estivo

acompañado pola moza soprano Marta de Castro, quen cantou os poemas.

1

Sabemos que os Seis poemas galegos seguen a espertar interese literario, aínda hoxe, como

é o caso da recente traducción ó lunfardo polo poeta arxentino Luis Alposta, coa asesoría

lingüística e estudio preliminar de A. Pérez Prado (Ediciones Corregidor, Buenos Aires, 1996).

5

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!