lorca

lorca lorca

06.06.2015 Views

EDITA: © Consello da Cultura Galega ISBN: 84-87172-34-2 D.L.: 1ª ed. 1995 1ª ed., 1ª reimp. 1996 2ª ed., 1998, corrixida e aumentada REALIZACIÓN: Lúdica 7, S.L. IMPRIME: 4

Segunda edición para O Pórtico poético dos Seis poemas galegos A primeira edición deste estudio sobre os Seis poemas galegos de F. García Lorca rematábase de imprentar o 27 de Nadal de 1995, xustamente o mesmo día do sesenta aniversario da edición príncipe, saída do prelo da Editorial Nós de Ánxel Casal, con prólogo de E. Blanco-Amor. O libro tivo unha primeira reimpresión no mes de abril de 1996, ano do centenario de Ánxel Casal, pero tamén recordatorio dos sesenta anos da inmolación do poeta granadino e do editor dos Seis poemas galegos, ocorrida fatidicamente o 19 de agosto. Como diría Blanco-Amor, morreron na dura lex, para que non falase o seu espírito, pola súa voz. Estes acontecementos propiciaron diversos actos de homenaxe ás súas figuras. Salientamos, en especial, a reedición facsimilar dos Seis poemas galegos, coeditada por Ara Solis e mais o Consorcio de Santiago, e a Exposición gráfico-bibliográfica sobre García Lorca y Galicia, do Grupo Sargadelos, que percorreu as cidades andaluzas e galegas 1 . Foi un momento moi emotivo para este autor a presentación deste libro, o 12 de abril de 1996, na que Isidro B. Maiztegui Pereiro, quen chegaba ex profeso para este acto desde Mar del Plata –Arxentina–, interpretaba ó piano a música que compuxera para estes poemas, a petición miña. O mestre estivo acompañado pola moza soprano Marta de Castro, quen cantou os poemas. 1 Sabemos que os Seis poemas galegos seguen a espertar interese literario, aínda hoxe, como é o caso da recente traducción ó lunfardo polo poeta arxentino Luis Alposta, coa asesoría lingüística e estudio preliminar de A. Pérez Prado (Ediciones Corregidor, Buenos Aires, 1996). 5

EDITA:

© Consello da Cultura Galega

ISBN: 84-87172-34-2

D.L.:

1ª ed. 1995

1ª ed., 1ª reimp. 1996

2ª ed., 1998, corrixida e aumentada

REALIZACIÓN: Lúdica 7, S.L.

IMPRIME:

4

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!