06.06.2015 Views

lorca

lorca

lorca

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Chegou o día sinalado e puxémonos a escoitar a música dos Seis poemas

galegos, devoltos á lira musical, como dixo na presentación do acto o

Presidente do Consello da Cultura Galega, Xosé Filgueira Valverde.

O Recital musical tiña o sabor dunha afectuosa homenaxe ó mestre

compositor, pero tamén era un recordo entrañable para o autor dos poemas,

quen, como sabemos, compracíase sorprendendo ós amigos tocando ó piano

pezas musicais do noso folclore popular. E non defraudou as expectativas:

resultou magnífico, contribuíndo ó seu éxito a nova e prometedora voz da

soprano Marta de Castro. A obra de García Lorca, fonte de inspiración para

os músicos pola fibra dramática que sacode toda a súa obra, contaba cunha

achega orixinal máis, a do mestre Isidro.

Falamos como simple afeccionado e non como entendido musical, pero

pareceunos unha interpretación magnífica. Soubo captar e sintonizar o mundo

lorquiano, que se move, en transicións abruptas, ás veces non sen misterio,

entre o plano poético e o dramático. Os Seis poemas galegos era unha tea

de temas diferentes, unida por un fío invisible de metáfora totalizadora de

raíz amorosa, pero o mestre soubo interpretar para o auditorio esa riqueza

de color e complexidade anímica do poeta granadino.

Regresou a Mar del Plata e todos tiñamos a esperanza de velo pronto

outra vez en Compostela, pero o seu xeneroso corazón deixou de latexar o

29 de maio de 1996. Como diría Machado, fóisenos lixeiro de equipaxe, como

os bos fillos do mar, por esa auga marpratense, sobre a que se esparexeron

as súas cinzas, que chega a Galicia. A nova da súa morte sorprendeunos a

cantos o coñeciamos e apreciamos. Mentres os periódicos riopratenses e

galegos referían a noticia, a súa dona Blanca escribíame:

«... Fue un hombre irreprochable, siempre amable, fino, cariñoso, buen

amigo, atento, encantador y siempre pensando en volver a su querida España,

con el secreto deseo de que su Macías se representase en ésa y esa es mi

pena... 282 ».

Con cordialidade comunicativa, foi un defensor da tradición hispana

en América, que soubo transmitir ós seus alumnos, como docente e

compositor. Artista sempre atento ó desenvolvemento da cultura do exilio

español en América, participou de xeito entusiasta e desinteresado en moitos

proxectos, compondo música para a poesía castelá (romances, Garcilaso de

282

Carta do 13 de xuño de 1996.

360

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!