lorca

lorca lorca

06.06.2015 Views

Pero os amigos montevideanos, coa súa interminable amabilidade, acabaron por romper o seu enmeigamento do Hotel Casino Carrasco, de elegante mole aristocrática e amplas vistas á praia. Federico asiste á velada ofrecida pola dona de Enrique Díez-Canedo, quen acompaña a Lorca ó piano nas súas actuacións poético-musicais 47 . Percorre as prazas do país do teatro e das ametistas, ágatas e topacios. Déixase ver no paseo domingueiro pola feira de Tristán Narvaja, pola cidade vella, co seu Teatro Solís. Pepe Mora lévao ó café Tupí Nambá, punto de encontro de estrelas e oficiantes do «bel canto», por onde pasaron tamén Rubén Darío e Eduardo Dieste, cabeza visible da confraría do futuro Teseo. É doado supor que as ondas da amizade o levarían tamén á seductora Piriápolis, a Punta del Este, abrazada polo océano, recitando fragmentos de Poeta en Nueva York. Especial emoción representa para Lorca a visita á tumba do artista uruguaio Rafael Pérez Barradas, pintor figurinista de El maleficio de la mariposa, a quen coñecera no Madrid das vangardas. O poeta, en silencio, esparexe emotivamente sobre o amigo unha presa de humildes floriñas 48 . Aquí tamén chegara a sona de Federico García Lorca e dos seus poemas galegos. Tería ocasión de comprobar, alertado por Blanco-Amor na preparación da viaxe e arroupado por Julio J. Casal, o fundador da revista coruñesa Alfar, o gromo da saudade dos emigrantes galegos no Centro Galego e na Casa de Galicia. O triste Ramón de Sismundi tamén andaba polas terras desta fermosa cunca do Prata. Anos máis tarde, estas terras do Uruguai, sempre acolledoras e abertas para a cultura, difundiron amplamente a súa obra, especialmente o seu teatro. Margarita Xirgu, exiliada en Montevideo desde 1947, dirixirá a Comedia Nacional Uruguaya e dará a coñecer o teatro lorquiano, influíndo tanto na formación de actores coma na sensibilidade do público. A mesma actriz catalana dirixirá en 1950 Bodas de sangre, actuando no papel de La Madre. E, desde entón, o elenco oficial do teatro, estrearía outras catro pezas lorquianas: El amor de don Perlimplín con Belisa en el jardín e La zapatera prodigiosa, en 1972; Yerma, en 1977; e La casa de Bernarda Alba, en 1982. 47 Mateos de Murquio, 1992, p. 54. 48 Ese día da homenaxe a Rafael Barradas, no Cemiterio Central de Montevideo, en febreiro de 1934, Federico asiste ó acto acompañado dun nutrido grupo de intelectuais e residentes uruguaios: Alfredo Mario Ferreiro, Julio J. Casal, Enríquez Díez Canedo –escritor e por entón Cónsul de España en Uruguai–, José Mora Guarnido –periodista andaluz residente en Montevideo–, Antonio Ignacio Pérez Barradas –irmán do pintor–, Emilio Oribe, Luís Gil Salguero, Antonio Pena, etc. 34

A vida e mais a obra de Federico foi representada tamén por numerosos grupos teatrais uruguaios, acadando grande éxito, como foi o caso do grupo Teatro Circular que, en 1980, representou Mariana Pineda. Igualmente, a peza de Héctor Plaza Noblía, Muerte en Fuente Grande, inspirada na tráxica morte de García Lorca, e que foi estreada en 1992 polo grupo Galpón 49 . 49 Vid. Rocca, 1996. 35

A vida e mais a obra de Federico foi representada tamén por

numerosos grupos teatrais uruguaios, acadando grande éxito, como foi o

caso do grupo Teatro Circular que, en 1980, representou Mariana Pineda.

Igualmente, a peza de Héctor Plaza Noblía, Muerte en Fuente Grande,

inspirada na tráxica morte de García Lorca, e que foi estreada en 1992 polo

grupo Galpón 49 .

49

Vid. Rocca, 1996.

35

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!